Radio

Creación literaria na radio: Microrrelatos

O alumnado de 1º ESO estivo a traballar a creación literaria, concretamente os microrrelatos.  Noa Mesías, Alicia Lariño e Saínza Ruíz realizaron este podcast para presentalos e participaron algúns compañeiros e compañeiras tamén lendo os seus. Non perdades de escoitalos:

 

Novas de aquí e de acolá. Novo programa do MillaFalaDoiro

No MillaFalaDoiro, a Radio do IES do MIlladoiro, acabamos de estrear novo programa. Tiitúlase "Novas de aquí e acolá" e pretende ter a comunidade educativa do IES ao tanto do que ocorre dentro do IES durante cada semana, pero tamén dalgunhas cuestións de interese que ocorren no noso concello e mesmo polo mundo adiante. Certo é que polo mundo pasan moitas cousas, pero Rosa Mosquera e mais Uxía Reyes (as directoras do programa) son as que escollen aquelas máis relevantes.

Deixámosvos o seu primeiro programa. Hai que estar pendentes de cando saian os seguintes programas e, se algo queredes contar, non dubidedes en contactar con elas.

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 9

Neste Podcast Diego Madarnás entrevistou a María Lobo (da Asociación Agareso) que estivo no centro o pasado luns 13 de decembro

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 8

Diego Madarnás continúa este curso 2020-2021 co seu programa Entrevistas con Diego. A primeira entrevista desta nova temporada fíxolla á compañeira Alba Diez, que -como xa sabedes- vén de recibir o Premio extraordinario da ESO.

Contámosvos un conto: "Mariluz avestruz"

O curso pasado rematamos a nosa aventura radiofónica cunha experiencia ben bonita: contando contos infantís para o alumnado do concello, en especial para os alumnos e alumnas da EEI do Milladoiro.

Este ano comezamos contando un que nos gusta moito e que as alumnas que organizaron o programa Contámosvos un conto queren dedicar de novo ao alumnado da EEI e a todo o do concello, pero sobre todo ao que se incorpora este curso en 3 anos.

Esperamos que vos guste e que o desfrutedes moito!

 

Arranca o "Magazine do MillaFalaDoiro"

Comezamos coa radio no curso 2021-2022. Abrimos un programa novo ao que lle chamamos O Magazine do MillaFalaDoiro. Aquí imos ir integrando programas variados que o alumnado vaia gravando pero sen que formen parte de podcast temáticos.

O primeiro podcast fíxoo Celia Sánchez, alumna de 1º ESO, que se estreou na radio agora. Fíxoo cun episodio ben interesante titulado "Quen ten cu, ten medo", no que falou das lecturas de medo que tiñamos na biblioteca co gallo do Samaín.

 

Contámosvos un conto! O podcast dos contos.

Neste último trimestre a rapazada do ENDLG de 1º e 2º ESO estiveron a ensaiar e gravar contos infantís. Para que? Pois para compensar que non puidemos ir coma outros anos á EEI do Milladoiro, por mor da pandemia. Daquela, mandáronllelos en audio, seguindo as súas peticións e aínda lles gravaron algún máis de agasallo.

Escoitádeos que vos van gustar!

Gato Guille

A bruxa regañandentes

Cocorico

A princesa do Caurel

Chibos, chibóns

Paco, papán

A que sabe a lúa

Corre, corre cabaciña

Carapuchiña

Chocolata

Os tres porquiños

Maruxa

 

 

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 7

No último episodio do programa de Diego Madarnás "Entrevistas con Diego" remata cunha entrevista á compañeira Lucía Sobrado, á que tamén entrevistou no primeiro episodio do seu programa. Esta vez falou con ela sobre o proxecto que levou a cabo para combater a pobreza menstrual, un proxecto solidario realizado en colaboración coa fundación FABRE.

 

 

Programa "Diario dunha estudante". Podcast 3

Ruído. Relatos de guerra de Miguel Anxo Murado é o libro do que falou Lucía Sobrado nesta nova entrega.

Xela Arias no MIllaFalaDoiro

Dous programas de radio realizados polo alumnado do EDLG do IES.

Diego Madarnás fixo un novo podcast do seu programa de entrevistas e desta vez trouxo, nin máis nin menos, a Xela Arias!

 

Pola súa banda, o alumnado do Equipo de dinamización preparou un recitado coa súa poesía. Mais estade atentos e atentas porque, en breve, imos colocar un repositorio de todas as lecturas de poemas feitas tanto polo profesorado coma polo alumnado.

 

Club de lectura: novo programa sobre lecturas

Arranca un novo programa "Club de lectura". Este primeiro podcast está gravado polo alumnado de 1º ESO do Club de lectura: Paula Lourido, Uxía Reyes, Pedro Rubal, Viktoria Kevin Sousa e Uxía Aldrey. Leron a obra "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro e deixáronnos a lectura duns fragmentos escollidos e mais algúns comentarios.

 

Entrevistas con Diego- Programa especial Día de PI

Diego Madarnás, no seu programa de entrevistas, realiza un especial para recoller as voces dos principais protagonistas dos traballos realizados polo Día de Pi.

Programa "Voces da lusofonía" - Podcast 1

O primeiro podcast do Programa "Voces da lusofonía" é de Ana Caamaño, Uxía Reyes, Saínza Ruíz e Alba Vidal (1º ESO). Uxía Senlle falou con elas para contestarlles varias preguntas, algunhas referidas ao tema central deste primeiro programa: o festival Cantos na maré.

Programa "Diario dunha estudante". Podcast 2

Un novo podcast de Lucía Sobrado, no seu programa "Diario dunha estudante". Fálanos sobre o libro de Antía Yáñez: Senlleiras.

 

Programa Sinag- Podcast 2- LGTBIQ

Sabes o que significan todas as letras que compoñen a sigla LGTBIQ? Neste programa Yomara Ferreiro centrouse na diversidade sexual.

Programa Sinag- Podcast 1- Reflexións

Programa para o Día Mundial da Radio 2021

Para o Día Mundial da Radio, instituído o  13 de febreiro, convidáronnos desde a Asociación Ponte nas Ondas a sumarnos á celebración elaborando un Podcast para contar como é a nosa recén estreada emisora. Este foi o resultado.

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 4

 

O Día da muller e da nena na ciencia, 11 de febreiro, Diego entrevistou a Lucía Sanmartín (2º ESO) e a Clara G. Trabazo (1º Bac.) para que contasen brevemente, desde a súa propia experiencia, como se está a desenvolver a Semana da muller na ciencia no noso IES.

 

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 3

O Podcast número 3 céntrase na entrevista que Diego lle fixo a García MC, aproveitando que veu ao centro para dar un obradoiro de hip-hop.

 

Programa "Igualdade e saúde". Podcast 3

Carlota e Paula falan de coeducación no sistema educativo. Entevista a Carme Moure profesora das materias de Igualdade xénero e Coeducación no IES Xelmírez I de Santiago.

 

Programa "Igualdade e saúde". Podcast 2

Entrevista a Encina Calvo, profesora de física na USC, galardoada nos IX Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

 

Programa especial Ricardo Cavalho Calero

Para pechar o ano dedicado a Carvalho Calero:

Entrevista realizada por Sara Rey, Alba Sueiro e Lucía Romar ás docentes Rosa López Boullón e Merche Espiño, ex-alumnas do homenaxeado nas Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.

 

 

Desde o IES Perdouro de Burela, o profesor Bernardo Penabade, colaborou realizando un programa a partir do repositorio de lecturas feitas da obra de Carvalho Calero que organizamos no noso IES:

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 2

 

 Diego Madarnás entrevista a Serafín Marcos, o actor noiés que fixo a representación sobre Ricardo Carvalho Calero o pasado día 18 de decembro, dentro das actividades programadas para pechar o ano dedicado ao autor ferrolán

 

Programa "Diario dunha estudante". Podcast1

Lucía Sobrado, no seu programa Diario dunha estudante, díxonos o que significa para ela a música.

 

 

Entrevistas con Diego

Entrevista  de  Diego  Madarnás  a  Lucía  Sobrado a propósito  do  seu  blog sobre libros, lecturas  e  demais  cuestións  relacionadas.

Programa "Igualdade e Saúde". Podcast 1

Hoxe, 25 de novembro, Paula García e Carlota Vicente estrean programa na Radio MillaFalaDoiro, a radio do IES do Milladoiro. Chámanlle Igualdade e Saúde e van tratar de todos os temas arredor da Igualdade de Xénero.

Neste primeiro programa entrevistaron a Luisa Feijoo, Concelleira de Benestar Social de Ames.

 

Programa "Remendando Música". Podcast 1

Distribuir contido