Programa especial para o Día Mundial da Radio

O Día Mundial da Radio celébrase o 13 de febreiro, pero este ano cadrou en pleno entroido. Daquela, fixemos un programa especial xusto o último día lectivo antes desta festividade e a temática tiña que ser acaída coas datas, polo que o Entroido tradicional galego centrou os 100 minutos deste programa. Con entrevistas a persoas que viñeron falarnos do Entroido de Laza, de Xinzo, de Salcedo, do enterro da sardiña de Bueu... E como non, tamén como se fan as filloas. Pechouse cun kahoot "analóxico" entre todas as persoas participantes e o alumnado gañador recibiu de agasallo unhas caixas con doces de entroido cedidas pola ANPA.

Deixámosvos un vídeo con momentos do que foi o programa de radio e mais a entrevista que lle fixeron desde Ames Radio a parte do noso alumnado con motivo deste evento (minuto 50).