O alumnado do Club de lectura con Arantza Portabales

O pasado martes 20 de xuño pechouse o Club de lectura en lingua galega cunha reunión moi especial á que acudiu a escritora Arantza Portabales. A rapazada leu catro obras da autora: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade.

Despois dunha agradable reunión de máis de unha hora na que a autora lles desevelou moitos segredos sobre o seu proceso da escrita e sobre cada un dos seus libros, accedeu amablemente a contestar un cuestionario lector na nosa emisora de radio.

No seguinte programa, Andrea Caramés, Sara Antón, Paola Torrado e Carlota González fan un breve resumo do que foi o encontro e a continuación fanlle o cuestionario a Arantza. Esperemos que vos guste!