"De pe a pa": un novo programa de radio

 Convidámosvos a escoitar o primeiro episodio dun novo programa "De pé a pa". Acabado de crear por un grupo de rapazada de 1º ESO D (Ada Asorey, Xabier Barcala, Ainhoa Díaz, Mariña Dopico, Mauro Vilas, Hugo Vrhowski e Mauro Vrhowski) . Coa expresión "De pe a pa" que é o mesmo ca dicir "De cabo a rabo" nomearon un programa para falar do que lles pete,  dun lote de temas variados.

 Neste primeiro episodio quixeron demostrar o seu amor polos animais e fixeron un programa xusto que fala do maltrato animal.