Ecoauditoría

Hoxe, 28 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO da materia de Cultura Científica realizou unha ecoauditoría coa axuda dun membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O alumnado procedeu á revisión das papeleiras dos diferentes espazos do centro (aulas, sala de profesorado, patio, despachos, corredores...) e fixo breves enquisas tanto a docentes como a membros do persoal non docente. Dos resultados desta análise, e tamén dos derivados das enquisas que ten que cubrir o alumnado participante, sairán na sesión da vindeira semana propostas que permitan a mellora do tratamento do lixo no centro.

A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.