Invisibles

O  alumnado de  1º  de  bacharelato  asistiu  hoxe, 17 de  febreiro, a unha  representación  da  obra Invisibles  na  Casa  da  Cultura  de Bertamiráns (actividade  organizada  en  colaboración  co  Concello).

Tres  mulleres, Mela  Casal, Sheyla  Fariña  e  Nieves  Rodríguez, deron  vida  a  sete  testemuños  reais e  unidos  por  un  fío  condutor: a  violencia  de  xénero.

A  representación, a  cargo  de  Redrum  Teatro, está  baseada  na  obra  homónima  de  Montse  Fajardo, quen  ao  final  acabou por  sumarse  ás actrices  para  manter  un  coloquio  co  público  asistente buscando  a  concienciación  e  a  sensibilización da  nosa  rapazada.