Dende hai varios cursos o noso centro participa cun grupo de alumnos e alumnas no proxecto EpDLab (Educación para o Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto realizado grazas á participación da ONG Agareso e no que se traballa a educación para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de xénero, consumo responsable, cooperación, coidado do medio...) a través da creación de contidos multimedia mediante aplicacións móbiles. O proxecto realízase normalmente con obradoiros mensuais presenciais de 100 minutos, pero dado que a situación actual o impide, o EpDLab continuará, para o alumnado participante (2º ESO PMAR este curso) a través dunha aula virtual. Nesta aula os alumnos e alumnas poderán participar no proxecto vendo vídeos, facendo actividades interactivas e creando o contido multimedia cos seus dispositivos desde a casa. O proxecto pode seguirse na web https://epdlab.gal/
|
|||