Entroido 2020

O  venres 21 de febreiro  celebramos  a  festa  de  Entroido: o  ximnasio  foi  o  escenario  elixido  para  que  as  diferentes  comparsas  puideran  desfilar, bailar  e  representar  o  tema   común (Somos  iguais, somos  diferentes).O  acto  contou  con  dous presentadores  de  excepción: María  e  Adán.

Aínda  que  na  fase  de  concurso o  xurado  non  tivo  nada  fácil  a  súa  tarefa, finalmente resultaron  premiados os  grupos  de  1º  ESO A e  2º  de  bacharelato B.