Da man da ANPA do IES do Milladoiro, ANPA Milla. ca colaboración de vicedirección e o Concello de Ames, regresou ao noso centro unha actividade, detida ca chegada da pandemia da COVID 19: Construíndo o meu camiño. Nesta terceira edición contouse ca colaboración de familias, profesorado, institucións e profesionais que puxeron o mellor de eles para ensinar distintas vías profesionais e de futuro a nosa comunidade educativa, A actividade amosouse ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato en horario de mañá e aos restantes membros da comunidade educativa, pola tarde. Retomouse, en definitiva, "Construíndo o meu camiño" da man da súa terceira edición. Só nos queda esperar que a aceptación e o exito que rexistró na seu retorno, se manteña nos vindeiros cursos.
|
|||||||||