Charlas sobre a historia e a cultura do pobo xitano.

Desde  hoxe, 6 de  febreiro, e  ata  o  luns 10,  temos  a  sorte  de  contar  no  centro  con membros da FSG (Fundación Secretariado Gitano) que  están  a dar charlas  para o alumnado de 1º e 2º de ESO.  Os  encontros, que  procuran  a participación activa por  parte  do alumnado, están   integrados no  programa Promociona  e  teñen  como  finalidade  dar  a  coñecer a  historia  e  cultura  do pobo  xitano  (bandeira, himno, lingua,  persoeiros... ). 

Neste  enlace pode obterse máis  información  sobre  o labor  desenvolvido pola  FSG, presente  nas  sete  grandes  cidades  galegas.