Encontro con Nando López

Hoxe, 12  de  marzo, visitou   o noso  centro  o novelista  e dramaturgo  Nando López.  O  alumnado de  2º da  ESO e  do grupo D  de  terceiro tiveron  a oportunidade  de  coñecer de preto o  autor de Por qué  tiene  que  ser  todo  tan difícil, peza  teatral  sobre a  amizade  que  axuda, en palabras do autor,  a  tender pontes.  Durante o encontro  coa  rapazada, Nando  falou precisamente sobre esas pontes e  tamén sobre todo o que conleva o proceso creativo, dando  resposta  a  todas as cuestións  formuladas.

Ao final, o  escritor  dedicoulle  a súa comedia  a  parte dos  asistentes.