Coloquio con Fernando Lalana

O escritor Fernando Lalana mantivo o 26 de marzo unha charla co alumnado de 4º de ESO, que previamente lera a súa obra Escartín en Lima. O alumnado tivo ocasión de coñecer a xénese da obra e de reflexionar sobre o oficio de escritor. Por último, o autor asinou numerosos exemplares desta novela.