Encontro con Fernando Lalana

Hoxe  visitou  o  noso  IES  Fernando  Lalana e  o  alumnado  de  4º puido  coñecer  o autor de  El  matarife,  novela  que  gozou  de  moito  éxito  entre  a rapazada. María  Fernanda  e  Santyago  foron os  encargados  de  realizar  a presentación dun  dos  seus  autores preferidos.  Lalana  conversou  co  alumnado   sobre  o   oficio  de  escritor en  xeral e  tamén  sobre  a  novela  en particular. Ao  finalizar, asinou  exemplares da  obra.

A  actividade  foi organizada  polo  departamento de  Lingua  castelá.