Saída ao teatro : DIVINAS PALABRAS R

O mércores 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato acudiu ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a impactante adaptación da obra de Valle Inclán  a cargo do CDG. Seguiron a obra atentamente e o profesorado de Lingua castelá quere agradecerlles o seu excelente comportamento.