O xoves, 5 de marzo, os membros do Comité de igualdade participaron nun acto conmemorativo do 8M no que se encontraron co alumnado do IES de Ames e con persoeiros do noso concello. O acto, no que se recordou a historia de Carmen Amado (vítima da violencia de xénero), leuse un manifesto, recitáronse poemas e rematou coa plantación de dúas árbores no paseo de Carmen Amado.
O venres, 6 de marzo o Comité de igualdade preparou un photocall no andar intermedio e puidéronse sacar fotografías con mensaxes reivindicativas. O acto conmemorativo foi ambientado con pezas musicais centradas na igualdade.
Nestas últimas semanas o noso alumnado estivo a traballar rescatando a historia de mulleres que foron invisibilizadas nos nosos libros de texto. Algunhas das sinopses biográficas están colocadas nas paredes do noso IES. |
|||