Día Internacional das Rapazas nas TIC: coloquio virtual

O  vindeiro  23  de  abril  celébrase a  oitava  edición  do  Día  Internacional  das Rapazas  nas  TIC, dirixido entre  outros a  estudantes  dos  últimos  niveis  de  Secundaria, grupos  de idade  nos  que  parece  importante  potenciar  a  visibilización  das  TIC  desde  un  enfoque  inclusivo, facendo  fincapé  no  papel  das  tecnólogas, investigadoras  e  empresarias  galegas.

Desde  o  Centro  de  Supercomputación  de  Galicia (CESGA), tendo  en conta  a situación  vivida  actualmente  e  derivada  do  Covid-19,  propoñen  a  realización dunha  actividade  online (unha  multiconferencia web).  O día  23, entre  as 11h e  as 12:30  aproximadamente, terá  lugar  un  coloquio  virtual  entre  a  rapazada  e  catro  investigadoras  e  profesionais  das  tecnoloxías. O  coloquio  estará  aberto  á participación  en  directo  do  estudantado, mais  para  poder  participar  precísase dunha inscrición previa  que  ha  de  realizarse  co  envío  dun  correo  electrónico. Neste  enlace  pode accederse a toda  a  información  ao  respecto: como  inscribirse, como  conectarse, información  sobre  as  catro  mulleres  que  interveñen, etc.