ANPA Milla |
ANPA do IES do Milladoiro, Anpamilla Asociación de nais e pais constituída en 2013. Contacto: Tel.: 722 38 35 46 Correo: anpadoiesdomilladoiro@gmail.com
Máis datos e información no seu Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100006580579225
|
|||
O luns, 20 de marzo, en "espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da ANPA do IES do Milladoiro, ANPA Milla, en colaboración co Concello de Ames, se desenvolverá un dos temas de mís actualidade e preocupación no relativo á sitaución da adolescencia: ciberseguridade. Da man do inxeñeiro de telecomunicacións, Carlos Outes Durán, se intentará orientar as familais sobre os riscos relacionados co emprego das TIC e as redes sociais, así como proporcionar instrumentos e recursos en materia de ciberseguridade. Como sinalamos antes. a actividades de desenvolverá no IES do Milladoiro, o luns, 20 de marzo, ás 19:00 h |
|||
Novamente en "espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da Anpa do IES do Milladoiro, ANPA Milla, realizada en colaboración co Concello de Ames, volve a centrarse no tema da atención á diversidade e nesta ocasión, cun carácter xeral e da man de Inés María Quero Petit, desenvolvendo unha xornada informativa sobre alumnado con necesidades educativas especiais e as medidas de atención e intervención que requiren.. A actividade desenvolverase no IES do Milladoiro, o luns, 6 de marzo ás 19:00 h. |
|||
Apreciadas familias:
Este ano a Anpa colabora co equipo de Convivencia Positiva, Departamentos de E.F, Música, Francés, EDLG, Biblioteca, Comisión de Igualdade e o Concello para a organización do entroido intercultural que se celebrará o vindeiro venres día 17 de febreiro no centro. Pedimos a vosa colaboración aportando doces para que os alumnos degusten ese día. Poden ser orellas, filloas, biscoitos, rosquillas o que se vos pase pola mente. Os doces entregaranse na entrada principal a persoa que estará alí encargada de recollelos. Poden levalos os alumnos antes de entrar na clase ou ben traelos vos en calquera momento da mañá ata as 12:00 que será cando montemos as mesas. Tamén precisamos mans que nos axuden a montar e recoller logo as mesas é para o reparto dos doces. Non esquecedes que estamos en carnaval e a diversión está garantida polo que podedes vir disfrazados. Una vez máis agradecer a vosa colaboración porque sen vos, non sería o mesmo. Para calquera dúbida, escribirnos ao teléfono ou correo da Anpa.
Saudos.
|
|||
"Espazos para a reflexión", a escola de nais e pais de ANPA Milla, en colaboración co Concello de Ames, continua a súa actividade no mes de febreiro de 2023 co desenvolvemento de dous interesantísmos temas: a xestión de conflitos (luns, 14 de febreiro, a partir das 17:00 h) e os camiños da sexualidade (luns, 27 de febreiro, a partir das 17:00 h) a cargo da educadora social, Rebeca González. Non os perdades estas actividades que se desenvolverán no IES do Milladoiro. |
|||
"Espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da Anpa do IES do Milladoiro, Anpa Milla, en colaboración co Concello de Ames, inicia a súa andaina no 2023 cunha primeira actividade adicada ao TDAH, un dos temas de máis trascendencia na atención a diversidade no ámbito educativo. Para contarase ca presenza dunha das institucións de máis prestixio e recoñecemento no país no relativo a este tema. Trátase da Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados) que desenvolverá o mércores, 8 de febreiro, a partir das 19:00 h unha xornada informativa no IES do Milladoiro |
|||
Baixo o nome de "espazos para a reflexión" a ANPA do IES do Milladoiro, Anpa Milla, coa colaboración do Concello de Ames, inicia neste curso unha escola de nais e pais na que se tratarán distintos aspectos e temas de interese para a comunidade educativa e as familias. As primeiras actividades, para desenvolver no mes de febreiro no IES do Milladoiro son: Mércores, 8 de febreiro, a partir das 19.00 h. Xornada informativa sobre o TDAH. Realizada polas psicólogas da fundación Ingada, Sara Martín e Carmen Tomas. Luns, 13 de febreiro, a partir das 17.00 h. Xestión de conflitos. Realizada pola Educadora Social Rebeca González. Luns, 27 de febreiro, a partir das 17.00 h. Os camiños da sexualidade. Realizada pola Educadora Social Rebeca González.
|
|||
A ANPA informa que dende o Concello invitan a participar ao alumnado do IES do Milladoiro na cabalgata de reis do 5 de xaneiro. Os representantes acompañarán aos reis nas carrozas dende as 16:15 ata o remate no Pavillón municipal. Escolleranse 2 representantes por nivel ao chou , quedando o segundo como reserva. PARTICIPANTES: En todas as aulas hai una folla para anotarse que será retirada o martes 20 no primeiro recreo. O sorteo será público o 21 de decembro no salón de actos ás 10:45. A ANPA do IES do Milladoiro agradece de antemán a colaboración do alumnado e espera que eses rapaces e rapazas desfruten da xornada. |
|||
O día 8 de novembro pola tarde a Anpa organiza un magosto no IES dirixido a todo o alumnado do centro. Pedimos a colaboración das familias para quen poida achegar ese día algún doce. Ademais disto, os nenos desfrutarán de castañas e bebidas. Rógase que as familias que poidan aportar algún doce manden unha mensaxe ao teléfono da Anpa 722 38 35 46, co fin de organizar todo. Os doces entregaranse o mesmo día no horario de 15:00 a 16:00 no centro.
Tamén precisamos de mans voluntarias que nos axuden na montaxe dos taboeiros e na distribución dos alimentos nos lugares correspondentes, así como para despois axudar na súa retirada. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
|||
A Anpa do IES do Milladoiro pon en marcha unha actividade de inglés para todo o alumnado do centro. A actividade dará comezo o día 5 de outubro e será impartida todos os mércores en horario de 16:30 a 17:30 no centro. En caso de necesidade por aumento de peticións, poderíase abrir unha segunda clase en horario de 17:30 a 18:30, e serían agrupados os alumnos segundo o curso. Prazo de matriculación, do 19 ao 30 de setembro. Recoméndase para o alumnado que solicitou a participación nas probas oficiais de idiomas convocadas pola Xunta de Galicia. Para máis información contáctese no teléfono 722383546 ou no correo anpadoiesdomilladoiro@gmail.com. |
|||
As datas de recollida dos libros prestados pola ANPA do IES do Milladoiro, ANPAMILLA, serán as seguintes:
O horario, en todos os casos, será de 16:30 a 18:30 horas, no corredor do piso intermedio do centro, situado xunto ó local da ANPA. |
|||
A ANPA do IES do Milladoiro quere ofrecer a todo o alumnado a posibilidade de asistir á actividade extraescolar de INGLÉS. O prazo para formalizar a incrición nesta actividade remata o 11 de febreiro. Débese presentar o impreso debidamente cuberto, e pódese enviar por correo electrónico a anpadoiesdomilladoiro@gmail.com ou deixalo na caixa de correos da Anpa no IES. As clases serán os mércores de 16:30 a 17:30 e de 17:35 a 18:35 (este último horario dependerá do nivel/alumnos que se presenten), e comenzarán o 16 de febreiro para rematar o 25 de maio (1 hora semanal). Para máis información: Tel. 722383546, correo electrónico anpadoiesdomilladoiro@gmail.com ou páxina web da ANPA Aínda que o curso escolar está xa moi avanzado esperamos que esta información sexa de interese. |
|||
No mes de outubro comezamos coas actividades extraescolares, oferta que completamos coa actividade de DESEÑO DE CÓMIC, que presentamos agora e que comenzará en novembro. Tamén podedes inscribiros aínda na actividade de baile moderno, na que quedan prazas dispoñibles.
|
|||
Na asemblea xeral ordinaria do 25 de setembro do 2018 nomeouse á seguinte xunta directiva:
Presidenta: Beatriz Martínez Domínguez
Vicepresidenta: M.ª Ángeles Domínguez Diéguez
Secretaria: María Caldelas Valdés
Tesoreira: Marina Castro Cerceda
Vogais:
Mar Marful Formoso
Montserrat Montes Núñez
Ana González Couto
Cristina Viña Rey
Laura Marina Castro Inostroza
Carmen Calviño Miramontes
Begoña Chico Pallas
Natalia Gómez Bayón
|
|||
A xunta directva da Anpa do IES do Milladoiro-"Anpamilla", convoca a asemblea xeral ordinaria, cos seguintes puntos na orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe da presidenta.
3.- Estado de contas.
4.- Rogos e preguntas.
5.- Renovación da xunta directiva.
DÍA: Martes 25 de setembro.
LUGAR: Salón de actos do IES.
HORA: 19:00h en primeira convocatoria, 19:30h en segunda convocatoria.
A asemblea e aberta a todas as familias.
Agardamos a vosa presenza.
|
|||
Presidenta: Beatriz Martínez Domínguez Vicepresidenta: M.ª Ángeles Domínguez Diéguez Secretaria: Carmen Calviño Miramontes Tesoureiro: Vicente Pose Souto Vogais: María Caldelas Valdés Marina Castro Cerceda Begoña Chico Pallas Natalia Gómez Bayón Ana M.ª Guisamonde Suárez Fco. Javier Gómez Suárez Ana González Couto |
|||
|
|||
|
|||
A ANPA organiza durante este trimestre un obradoiro sobre habilidades comunicativas destinado de forma preferente ao alumnado de ESO. Terá lugar os luns de 16.30 a 18 h. e dará comenzo o día 13 de xaneiro. |
|||
A ANPAMilla, en colaboración co centro, organiza uns obradoiros para o alumnado de 4º ESO e Bacharelato. O alumnado interesado debe anotarse ata o xoves 16 de maio en Vicedirección. |
|||
|
|||
Anpa IES do Milladoiro "Anpa Milla" organiza a segunda sesión da reunión faladoiro "Adolescencia... A sexualidade como proceso integrado no crecer". Será ás 17:30 do mércores 16 de xaneiro no IES do Milladoiro. |
|||
A ANPA Milla invita as familias do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato a unha reunión informativa sobre o "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero" o martes 18 de decembro ás 19:30 no salón de actos do IES do Milladoiro. |
|||
|
|||
Información da Anpa do IES do Milladoiro-AnpaMilla:
O 14/9/18 saen publicadas as listas de libros da Xunta onde se indican os libros das materias que lle corresponden a cada alumno.
Os días 17 e 18 de setembro en horario de 17:00h a 19:00h estaremos no IES para que poidades entregar libros e solicitar libros para o vindeiro curso.
|
|||
A recollida de libros prestados pola Anpa Milla será nas seguintes datas: RECOLLIDA XUÑO:
26/6/18 desde as 17:00 ata 19:00
27/6/18 desde as 17:00 ata 19:00.
RECOLLIDA SETEMBRO: POR DETERMINAR.
ENTREGA DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019:
Despois da publicación en setembro das listas da Xunta nas que conste que libros do seu FONDO LIBROS corresponden a cada alumno ou alumna, ANPA Milla realizará a entrega dos seus libros.
|
|||
A iniciativa da Anpa do IES do Milladoiro, AnpaMilla, "Construíndo o meu camiño" acadou un grande éxito ao poñer en contacto o noso alumnado con profesionais de moi diferentes áreas. Agardamos continuar colaborando para darlle continuidade nos vindeiros cursos! Na prensa: La Voz de Galicia (1), La Voz de Galicia (2), El Correo Gallego (1) , El Correo Gallego (2) |
|||
A Anpa do IES do Milladoiro Anpamilla, en colaboración co Departamento de Orientación do centro, organiza o 1º encontro "CONSTRUÍNDO O MEU CAMIÑO", que terá lugar o próximo 8 de febreiro. O obxectivo desta actividade é poñer en contacto o alumnado de bacharelato con profesionais que lles poidan falar da súa vocación, dos seus estudos e do camiño da súa profesión. |
|||
XUNTA DIRECTIVA
A xunta directiva do Anpa do IES do Milladoiro, convoca a Asamblea xeral ordinaria, cos seguintes puntos no orden do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe da presidenta.
3.- Estado de contas.
4.- Rogos e preguntas.
5.- Renovación da xunta directiva.
DÍA: Luns 2 de outubro de 2017. LUGAR: Salón de actos do IES. HORA: 19:00h en 1ª convocatoria, 19:30h en 2ª convocatoria.
|
|||
