Lingua Castelá

Departamento de Lingua Castelá

Profesorado 2021/22   Programación   Resumo prog.
         

Beatriz Otero Enjo 

Julia Patiño Mallón (xef. dep.) 

J. Ismael Ramos Castelo 

Nadia Toledo Vogt 

Ana M.ª Varela Cambeiro

   

Día Mundial da Poesía 2021

Con  motivo  da  conmemoración o  21  de marzo do  Día  Mundial da Poesía o  departamento de  Lingua  Castelá  organizou  unha  actividade  baseada  na  realización  de  exercicios  de  creación  literaria  centrados  fundamentalmente   nas  técnicas  vangardistas  do  cadáver  exquisito  e  do  caligrama. No  seguinte  vídeo  pode  comprobarse  que  contamos  con  grandes poetas.

 

 

Encontro con Fernando Lalana

Hoxe  visitou  o  noso  IES  Fernando  Lalana e  o  alumnado  de  4º puido  coñecer  o autor de  El  matarife,  novela  que  gozou  de  moito  éxito  entre  a rapazada. María  Fernanda  e  Santyago  foron os  encargados  de  realizar  a presentación dun  dos  seus  autores preferidos.  Lalana  conversou  co  alumnado   sobre  o   oficio  de  escritor en  xeral e  tamén  sobre  a  novela  en particular. Ao  finalizar, asinou  exemplares da  obra.

A  actividade  foi organizada  polo  departamento de  Lingua  castelá.

Encontro con Nando López

 

Onte  pola  tarde, 18 de  febreiro, o noso  alumnado  de  2º  de  ESO  mantivo  un  animado encontro  con  Nando López,  autor  de  El  reino  de las  tres lunas. Sofía  Chan  e  Iria  Ferreiro  resultaron  ser  unhas  excelentes  presentadoras.

 

Logo  foi  o  alumnado  de  4º   o que  tivo  a  oportunidade  de  coñecer  ao  coordinador  da  Antología  poética  de la  Generación  del 27.

 

 A  actividade  foi organizada polo dpto. de  Lingua  castelá.

Encontro con Sonia Mirón

 

 

Hoxe, 17 de  decembro, o  alumnado  de  3º  de  ESO   puido  coñecer  en persoa  a  Sonia  Mirón, autora  de  Un  sol  dentro de  mí, novela lida  durante  este  trimestre na  materia  de  Lingua castelá e Literatura. A  rapazada mantivo  un  animado  coloquio  coa  autora  viguesa, quen,  ao  rematar,  asinou  exemplares  da obra.

Micropoemas realizados polo alumnado de ESO

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) o departamento de lingua castelá traballou co alumnado de 3º ESO o micropoema.

Coloquio con Fernando Lalana

O escritor Fernando Lalana mantivo o 26 de marzo unha charla co alumnado de 4º de ESO, que previamente lera a súa obra Escartín en Lima.

"Xoves talentos" do IES do Milladoiro

O venres 22 de marzo celebrouse en Santiago o concurso de redacción "Xoves talentos".

Charla da escritora Sonia Mirón

O mércores 5 de decembro recibimos no centro a Sonia Mirón, autora de Un sol dentro de mí, libro de lectura obrigatoria en castelán para o alumnado de 3º de ESO. Asinou exemplares da súa obra e mantivo un animado coloquio co alumnado.

Traballo por proxectos: xornal de 2º PMAR

Ao longo do último trimestre, o alumnado de 2º PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento) levou a cabo un proxecto de creación dun xornal. Foi a ferramenta para desenvolver diversas competencias (comunicativa, dixital e social). Expoñemos aquí o froito do seu esforzo.

Distribuir contido