Entre as actividades convocadas na Semana do libro foi entregado un premio concedido pola biblioteca do centro ás alumnas Andrea Bravo e Cristina Botana, así como ao alumno Martín Fandiño.
Actividades do Día Internacional da Non Violencia e a PAZ. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Biblioteca. Departamento de Música
1º recreo Proxección e lectura de viñetas en homenaxe a Castelao. Lectura dun manifesto pola paz. Exposición de recortables realizados polos axudantes de biblioteca.
2º recreo Interpretación de Lela de Castelao a cargo de María Iglesias (voz e piano) e Dora Iglesias (frauta) Cancións pola paz.
O equipo de biblioteca quere informar sobre a plataforma de lectura gratuita E-LBE-2.
No mes de xaneiro levouse ao cabo un enriquecemento do catálogo con novos fondos en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts...) e diferentes linguas.
Durante o segundo trimestre, comeza unha nova serie de webinars de formación básica para os usuarios, aberta ao profesorado e ao alumnado. Sería interesante acudir, cando menos, a algunha das sesións segundo os seus horarios lectivos.
Estas breves formacións on-line poden resultar moi útiles para comezar a utilizar este recurso de lectura co que conta a nosa biblioteca escolar.
Este pasado venres entregáronse un primeiro premio e un accésit do concurso de relatos de terror que organizamos polo Samaín.
O xurado reuniuse o 29 de novembro do 2022 e acordou por unanimidade entregar o 1° Premio da modalidade A a Paula Ramos Vilar, de 1° da ESO D, pola obra Vaticinios.Así mesmo, o xurado decidiu outorgar un accésit, na mesma modalidade, a Gael Rodríguez López, por Un Nadal diferente.
No acto de entrega de premios que se celebrou na biblioteca, a premiada e mais o galardoado co accésit resumíronlles aos asistentes os seus textos, e logo recibiron de mans do director do centro cadanseu vale para gastar na librería, así como cadanseu caderno.
Para festexar o Día das Bibliotecas Escolares o luns 24 de outubro o Director do IES do Milladoiro fixo entrega dos diplomas que recoñecen o labor do voluntariado do pasado curso na Biblioteca Escolar dentro do marco das convocatorias deBibliotecas Solidarias e de Radio na biblio. Asistiron tamén algúns dos novos axudantes que se preparan para apoiar co seu traballo a nosa biblioteca durante este curso.
Na entrega de diplomas contamos coas interpretacións musicais dun alumno de 1º Bacharelato (Alejandro Buela)ao piano e a colaboración do departamento de Música.
O club de lectura do IES do Milladoiro foi a Betanzos, ao encontro co ilustre escritor gregoTheodor Kallifatides, candidato ao Premio Nobel, que asinou un exemplar do libro Madres e hijos para a biblioteca do centro.
O luns 25 de outubro celebrouse na biblioteca do noso centro o Día das bibliotecas. Durante o 2º recreo o Director fixo entrega dos diplomas de voluntariado aos axudantes que colaboraron no programa "Radio na biblio" durante o pasado curso. Foron presentados os novos axudantes e houbo actuacións musicais organizadas polo departamento de Música.
O orzamento extraordinario do PLAMBE para o curso 2021-2022 é de 1550 €, que se investirá na súa maior parte no reforzo de lecturas obrigatorias e voluntarias.
Este curso participamos en varias convocatorias: Clubs de lectura, Bibliotecas solidarias (axudantes de biblioteca), Radio na biblio, PLAMBE, etc.
Continuamos a colaboración coas bibliotecas da contorna para editar dúas guías de lecturas recomendadas de Nadal e de verán, que publicamos no blog http://iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com/. Estamos en contacto coa biblioteca Ánxel Casal de Santiago e coa Biblioteca Municipal do Milladoiro e aproveitamos para recomendar que o alumnado faga o carné desta biblioteca porque así poderá acceder á plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/
Funcionamento da biblioteca
O alumnado do centro terá acceso á utilización dos fondos de lectura, que se atopan na biblioteca.Levamos a cabo unha formación de usuarios para 1º de ESO.
O préstamo está xa en marcha e funcionará tanto de xeito on-line como tamén presencial. Poderase levar en empréstito ata 3 recursos (libros, CD ou DVD), que deberán ser devoltos nun prazo de 15 días. É moi importante o respecto dos prazos dedevolución, así como o coidado dos libros para evitar a súa deterioración ou extravío.
Recordamos que aceptamos doazóns de lecturas, obrigatorias ou recomendadas, que xa non precisen e solicitamos a súa colaboración para recuperar todos os libros nondevoltos á biblioteca. No caso de que o libro non apareza, debe ser comprado e restituído á biblioteca.
Animamos á participación nos clubs de lectura para o cal temos aínda aberta a inscrición. O alumnado interesado pode anotarse na biblioteca.
As bibliotecas dos centros públicos de Ames retomaron o contacto ao longo do mes de maio para preparar a Guía de lecturas recomendadas para o verán 2020, guía que agora pon á disposición das familias a través deste enlace.
O día 28 de febreiro e o 2 de marzo o EDLG en colaboracion coa Biblioteca organizan nos recreos sesións de lectura dos poemas en galego de Rosalía de Castro. Poderá ler non só o alumnado, senón tamén o profesorado e o persoal non docente. O día 3 durante o primeiro recreo haberá un concurso de recitado.
En O Millafaladoiro pode accederse a toda a información sobre a actividade.
Como todos os anos as bibliotecas públicas de Ames reuníronse para intercambiar experiencias sobre proxectos, promover a lectura e programar actividades conxuntas como lecturas compartidas, elaboración das Guías de Nadal e Verán, así como o Boletín anual da contorna.
O venres 12 de abril, xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado dos clubs de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO visitou o seu antigo colexio.
O pasado martes 30 de abril tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas da contorna para intercambiar experiencias e proxectos, como a elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de verán 2019 e o III boletín da contorna, que recolle algunha das actividades salientables nas bibliotecas ao longo deste curso.
O mércores 24 de abril a conselleira acudiu ao noso centro para interesarse polo funcionamento da biblioteca e dos clubs de lectura, que gabou moito. Participou nos actos organizados con motivo da semana do libro e agasallounos cun lote de libros xuvenís para a biblioteca.
Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras, d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato.
Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega, organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro.
Como continuación dos compromisos adquiridos ao desenvolver o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, achegamos unha Guía de recursos
O alumnado de 4º ESO participou o 7 de febreiro no obradoiro "OPS! Falamos portugués. O portugués simples", unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura.
O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) deseñou a actividade “Poesía contra a violencia” dentro do marco das actividades do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra as mulleres.
O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar coa autora da obra lida o último trimestre, Non hai luz sen oscuridade, nun encontro na biblioteca o xoves 14 de xuño.
A Biblioteca do IES do Milladoiro organizou unha saída didáctica para o alumnado pertencente aos diferentes Clubs de Lectura do centro. Todos acudiron o 28 de maio á sala NUMAX ao visionado da película "O bo mestre". Algúns deles continuaron a xornada cun roteiro didáctico pola Alameda de Santiago, guiados por Encarna Otero, quen foi unha guía excelente. Estámoslle moi agradecidos e agradecidas!