Economía

Departamento de Economía

Profesorado 2021/22   Programación    Resumo prog.
         

Gregorio Durán Sánchez (xef. dep.)

Álvaro Painceira Díaz  

     

ADE: currículo e saídas laborais

 

 

 

O  venres 21 de maio o alumnado da  materia de  Economía de 1º  de  bacharelato puido  asistir  a un relatorio  onde  se trataron  temas relacionados co  grao  de  Dirección e  Administración de  Empresas (ADE).

A  actividade  foi organizada polo  Departamento  de  Economía   e  estivo  a cargo de  Adolfo  Carballo  Penela, profesor  da  USC.

Charla sobre autoemprego

 

O  xoves 20  o  alumnado  de 4º  de  ESO da  materia  de  IAEE, o  de  1º  Bacharetato B  e  o  de  Economía de  2º  de Bacharelato   puido  asistir  a  unha charla organizada polo departamento de Economía. O  encontro  realizouse grazas á olaboración da Cámara de comercio de Santiago.

O obxectivo foi fomentar os valores empresais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como alternativa digna e viable, á vez que se traballaron as habilidades cooperativas.

Visita ao Viveiro de Empresas da cámara de Comercio

O alumnado de 4º ESO C e de 2º Bacharelato B visitou o xoves 17 de xaneiro o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono Costa Vella.

Charla divulgativa: "Emprendemento cooperativo: unha opción de futuro"

Sandra Becerra, responsable de proxectos de innovación na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, impartiu o martes 15 de xaneiro unha charla divulgativa ao alumnado de cuarto de ESO. Co nome de “O emprendemento cooperativo: unha opción de futuro”, estas xornadas forman parte do programa de actividades de fomento do espírito emprendedor que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofrece ao alumnado dos centros educativos da súa demarcación.

Eduemprende - Actúa

O alumnado de Economía de primeiro de bacharelato participou o xoves 29 de novembro no programa “EDUEMPRENDE-Actúa. A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”. Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado.

Xornada divulgativa: "Emprendemento cooperativo: unha opción de futuro"

O venres 6 de abril tivo lugar, na Biblioteca do centro, unha xornada de fomento do espírito emprendedor. Estivo dirixida ao alumnado de cuarto de ESO e de primeiro de bacharelato e organizada polos departamentos de Economía e Orientación. Estas xornadas forman parte do programa de actividades dirixido ao alumnado dos centros educativos da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Visita ao "Viveiro de Empresas"

O alumnado de 4º ESO D e de Economía e Empresa de 2º Bacharelato  acudiu o luns 12 de marzo ao "Viveiro de Empresas" da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono Costa Vella. Alí tiveron a oportunidade de coñecer o labor desta iniciativa para o apoio das novas empresas.

Materias en 4º de ESO

Materias no bacharelato

Distribuir contido