Música |
|
|||
Noraboa a Euterpe polo seu sensacional éxito na Gala Final "Quero Cantar" que se desenvolveu hoxe, 23 de abril de 2023, no Teatro Colón da Coruña. ontendo o terceiro posto no certame.
|
|||
Hoxe fixemos sesión promocional do grupo Euterpe. O video realizado será empregado para a presentación da súa actuación na Gala Final deo certame "Quero Cantar". Será o próximo domingo, 23 de abril, ás 17:30 h no Teatro Colón da Coruña Parabens para toda a rapazada pola seu esforzo e creatividade. E elmbrade que coma di a canción: "Con zocos córrese máis"
|
|||
"Unha música no insti" é o último proxecto da artista multidisciplinar Laura Romero Pereira.
Temos a sorte de contar no IES do Milladoiro coa súa primeira proposta de murais interactivos con información sobre referentes na música galega. É un proxecto artístico presencial e virtual pensado para xente moza, que consiste na creación de diferentes murais de pequeno formato espallados en diferentes IES e CPIs da provincia da Coruña. O obxectivo é familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música.
No noso caso, o mural conta con artistas como Guadi Galego, Ameixeiras e Caamaño, Elba Souto e Aida Tarrío (Tanxugueiras).
Obrigado compañeiras por tanto talento e creatividade!!!
|
|||
PAZ LINGÜÍSTICA "Lela" de Castelao. Interpretación: María Iglesias (piano) e Dora Iglesias (frauta) |
|||
Actividades do Día Internacional da Non Violencia e a PAZ. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Biblioteca. Departamento de Música 1º recreo |
|||
|
|||
Dentro do Proxecto Regueifesta, no que participa o noso centro xunto ao CFR de Vimianzo, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o CEIP Labarta Pose da Coruña, da man dun proxecto de Erasmus +, e que se centra na recuperación e impulso da Regueifa, desenvolveuse unha visita á illa de Sardeña, para contactar con distintas asociacións culturais da zona ou intérpretes como Bernardo Zizi, unha das grandes figuras da improvisación oral en verso de Europa. A actividade non pasou inadvertida para os diferentes medios de comunicación do país. Velaquí tedes algúns exemplos da súa recpercusión nas seguintes ligazóns: |
|||
Esta semana tivemos a grande oportunidade de poder gravar na "Ponte Estudos" con Tomás e Alén como técnicos. Aprendemos moito e coñecemos a xente moi interesante, como Xurxo Souto, Antía Ameixeiras, Lola de Ribeira, Richi, Ricardo Gurriarán...
Foi un día cheo de emocións, no que o noso alumnado gravou voces, trompeta, percusións, baixo eléctrico, bailou...
En breve poderemos estrear o vídeo-clip para que todas e todos vexades o froito de tanto traballo, esforzo e compromiso polo labor en grupo. |
|||
O noso alumnado de 2º da ESO gozou o venres, 18 de novembro, dunha sesión de percusión con tambores reciclados: ecoloxía e música con ritmo, achegándonos ao mundo da batukada con Sara. Moitas grazas pola enerxía que nos cargaches para a fin de semana.
|
|||
Na canle de youtube do EDLG do IES do Milladoiro podedes acceder a dous videos relacionados ca actividade que fixo o alumnado da materira de Artes Escénicas e Daza, trala visión da obra teatral "N.E.V.E.R.M.O.R.E" no Auditorio de Galicia o 10 de novembro, representada por Xacobe Martínez Antelo, Patricia de Lorenzo, Mónica García e Xurxo Pinheiro. O primeiro vídeo é unha explicación sobre a técnica Foley e o segundo, unha entrevista a Xacobe Martínez Abtelo. A entrevista forma parte do proxecto educativo "ao son da dobraxe".
|
|||
O proxecto, "O poeta que baila" no que participaron, conxuntamente, o IES do Milladoiro e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, obtivo a consideración de "excelente", no marco da Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022 O proxecto trata do vínculo existente entre a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán e a música galega e latina, encargándose o alumnado do noso centro de analizar a vinculación das obras de Delgado Gurriarán con sons americanos como o da rumba, o veracruzano ou o tango. Noraboa a todos os participantes do noso centro neste proxecto que con este recoñecemento, ven a culminar o gran traballo feito polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coordinado con outros departamentos como o de Música |
|||
Hoxe celebramos no IES do Milladoiro o Día europeo da Música do mellor xeito que se podía facer: coas actuacións do noso alumnado, que converteron o acto nunha xornada festiva e orixinal grazas ás actuacións de María (piano), Simón (guitarra), Dora e Elena (frauta), Anxo (violín) e Breogán e Martiño Fajundes (pandeireta e gaita). |
|||
O IES do Milladoiro foi gañador no Olloboi 2022, un festival de curtametraxes educativas, que se celebra en Boiro e que serve para visibilizar a creación galega nas aulas. O premio foi outorgado pola curta Terra da fraternidade, O Milladoiro que queremos. O centro non puido estar presente na recollida do premio, aínda que a súa ausencia intentou ser suplida cunha regueifa enviada dende as Terras de Compostela ao Barbanza. Parabéns e grazas ao alumnado de 3º de ESO do IES do Milladoiro do curso 2020/2021 polo seu traballo.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán do Colectivo Euterpe |
|||
Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e de Vila de Cruces están participaron no encontro"Regueibertso"en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso. Regueifeiros/as da Galiza, glosadors dos Países Cataláns e bertsolaris vascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas. A Regueifesta é un proxecto de innovación educativa que desde 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo, a autoxestión ou a transformación social. Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que vén reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Euskadi nun destes tres países. Durante estas xornadas, o alumnado improvisador participou e organizou actividades de valoración das linguas e culturas propias, desde a poesía oral e a música até o baile ou o deporte tradicional. O día 7 de abril tivo lugar o festival Regueibertso no auditorio de Igorre, onde o alumnado improvisou con artistas do País Vasco como Onintza Enbeita. A Regueifesta comprende a improvisación oral como un recurso educativo fundamental para unha educación humanista, onde as emocións e os afectos son motor das relacións persoais e do empoderamento individual e colectivo, a autoestima e o sentido crítico. A prensa di: |
|||
Este 1 de abril, o alumnado do IES do Milladoiro, concentrouse para participar no manifesto-regueifeiro-expansivo "NON ÁS GUERRAS". Un berro colectivo de alegría ante tantas guerras, para que as armas disparen flores e versos libres
|
||||||
Velaquí tedes o vídeo do concerto-faladoiro de flamenco,que levaron a cabo Josemi Carmona (guitarrista de Ketama), Rafita de Madrid (cantador flamenco) e Moisés Fernández (tocador de caixón) para o alumnado do noso centro.
|
|||
O xoves 10 organizouse no Auditorio do Milladoiro un concerto-faladoiro, dende o Departamento de Música, coa colaboración do alumnado da Radio e do Equipo de Dinamización Lingüística.
Moitísimas grazas a Josemi, Rafita e Moisés por tanta xenerosidade e arte. Grazas tamén a Rosa Bugallo por facilitar que viñeran os artistas ao centro, e ao Concello por ceder as instalacións e acompañarnos no evento. |
|||
|
|||
|
|||
NO BICO UN CANTAR (MARÍA, DORA, ERIK E ELOI) NASCÍN CANDO AS PRANTAS NASCEN (XIANA E SIMÓN) |
|||
O programa de erasmus +, Euro a de repente, na que participa o IES do Milladoiro, apareceu recollida nos medios de comunicación e en concreto en La Voz de Galicia. Amosamos aquí o artigo |
|||
Hoxe 27 de xaneiro, parte do alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto didáctico da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. O concerto titulábase Das tebras á luz, e baixo a batuta do director ourensán Pablo Devigo, a RFG interpretou pezas de Stravinski, Mussorgski, Manuel de Falla e John Williams. A xornada rematou cun paseo polo parque de Vista Alegre e pola zona vella da cidade de Santiago. |
|||
O IES do Milladoiro está a participar nun programa Erasmus+, programa europeo no que participan sete centros de ensino e dous centros culturais baixo o título Euro a de repente. Os socios deste programa son, ademais do noso centro, outros dous galegos (o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e mais o CEIP Labarta Pose de Baio) e catro doutros países europeos: Madeira (Portugal), Iparralde e Córcega (Francia) e Tortona (Italia). A coordinación lévase desde o CFR da Coruña, delegación de Vimianzo.
Con este programa vaise coñecer o panorama actual da improvisación oral en Europa e mais difundir o estado das diferentes manifestacións do repentismo.
|
|||
PANXOLIÑA 2021/2022 |
|||
