Lingua Galega

Departamento de Lingua Galega

Profesorado 2021/22   Programación  

Resumo programación / Lecturas

         

Jaime Blanco Quiñoy

Luciano Fernández Martínez

M.ª Xosé Fernández Rivas 

Valentina Formoso Gosende

Helena López Macía

Antonio Puentes Chao (xef. dep.)

   

                                

     

VÍDEO FIN DE CURSO

Este é un vídeo que recolle todos os proxectos desenvoltos polo alumnado que traballou co modelo SEM este ano. Parabéns a todos e a todas e bo verán!

 VER O VÍDEO!

BANDAS DESEÑADAS

O alumnado de 1º ESO escribiu obras de teatro curtas sobre temas de actualidade ligados á súa vida cotiá (O BO USO DOS MÓBILES, A IMPORTANCIA DA LECTURA, A IMPORTANCIA DAS ARTES E DA MÚSICA, A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN E DO DEPORTE, A IMPORTANCIA DO LECER E DO DEPORTE  e  A INTEGRACIÓN DO ALUMNADO DIFERENTE). Despois, coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interpretou e gravou as súas producións co equipo da radio do centro e, finalmente, adaptou o contido para crear uns cómics. Botádelle unha ollada!

 PÓDESE VER AQUÍ UN EXEMPLO!

XORNAL "A SALAMANDRA"

O alumnado de 1º ESO escribiu noticias sobre temas de actualidade e editou un xornal dixital. Podedes velo picando encima.

 

CAMPAÑA "BO USO DO MÓBIL"

As dúas obras de teatro radiofónico que o alumnado de 1º ESO escribiu e gravou coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre o BO USO DO MÓBIL foron empregadas polo centro, xunto aos carteis de 2º da ESO, para elaborar unha campaña sobre ese tema. Botádelles unha ollada aos vídeos!

 

 

 

TEATRO RADIOFÓNICO

O alumnado de 1º ESO escribiu obras de teatro curtas sobre temas de actualidade ligados á súa vida cotiá (O BO USO DOS MÓBILES, A IMPORTANCIA DA LECTURA, A IMPORTANCIA DAS ARTES E DA MÚSICA, A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN E DO DEPORTE, A IMPORTANCIA DO LECER E DO DEPORTE  e  A INTEGRACIÓN DO ALUMNADO DIFERENTE). Despois, coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interpretou e gravou as súas producións co equipo da radio do centro. Botádelle unha ollada!

 

1º ESO - QUERIDO DIARIO...

O alumnado de 1º ESO escribiu sobre temas de actualidade (BULLYING, CIBERBULLYING, SEXTING, RACISMO, VIOLENCIA DE XÉNERO e MOBING), e fíxoo empregando o formato dos diarios e recollendo os diferentes puntos de vista das persoas implicadas. Despois, creou unhas ilustracións, recompilou todo o seu traballo e creou dous libros. Botádelle unha ollada!

 

Querido diario... 1

Querido diario... 2

1º ESO - HOMENAXE "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

O alumnado de 1º ESO creou unhas cancións e uns videoclips en conmemoración do Día das Letras Galegas. Botádelle unha ollada ao seu traballo!

 

-O GALEGO IMPORTA

-GALICIA CALIDADE

-GALICIA

1º ESO - ENCICLOPEDIA "ARTISTAS GALEGOS"

O alumnado de 1º ESO creou unha enciclopedia con artistas galegos de diferentes épocas. Botádelle unha ollada ao seu traballo!

 

Por que nos chamamos así? Os apelidos de Ames

 

Hoxe, 8 de  febreiro,  estivo  no centro  Ana  I. Boullón  Agrelo,  profesora  de  Filoloxía  Galega  da  Universidade  de  Santiago  e membro  da  Real  Academia  Galega, para  dar  unha  conferencia  ao  alumnado  de  4º  ESO B. A  especialista  en  antroponimia, logo  dunha  introdución  sobre  a  facultade  de  Filoloxía da USC, centrou  a  súa  charla  nos  apelidos  presentes  no  noso  concello.

A  actividade  foi organizada polo  departamento de  Lingua  Galega  en  relación  ao programa  A  Ponte  da  USC.                                                                                                                                                                                                                           

Distribuir contido