Saída ao teatro: 'Os fillos do sol'

O alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o venres 10 de maio ao Salón Teatro de Santiago para asistir a unha representación d'Os fillos do sol. A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, é unha homenaxe á figura de Eduardo Pondal e unha reflexión sobre o oficio de escritor. Tivo unha moi boa acollida entre o noso alumnado.