Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

Admisión alumnado. Curso 2023-2024

Aberto o prazo, ata o 20 de marzo, para admisión no curso 2023/2024

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1 Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2 Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 

3 Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual e presentalo no centro

 

LIGAZÓN A ADMISIONALUMNADO

MANUAL DE USUARIO DE ADMISIONALUMNADO

 

 

NORMARTIVA

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

CONSULTA DE VACANTES

MÁIS INFORMACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO

Concerto benéfico de Anxo Gómez Piñeiro

O  28 de decembro de 2022 Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, realizou un concerto benéfico  no auditorio do Milladoiro,  acompañado no piano por Brais González, en apoio da asociación Art for Dent (asociación galega da enfermidade de Dent). Noraboa a Anxo polo concerto e tamén pola súa contribución e exemplar apoio a esta asociación de familias. Podedes ver o conceto protagonizado por Anxo no seguinte video:

O novo galardón de Anxo Gómez Piñeiro na prensa

O galardón obtido polo alumno do noso centro, Anxo Gómez Piñeiro, no undécimo concurso "Cidade de Vigo", de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, convocado pola AGIC (Asociación galega de instrumentos de corda) foi obxecto de mecnión en distintos medios de comunicación domo o Correo Galego. Podédelo ver na seguinte ligazón:

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/nuevo-galardon-para-el-joven-virtuoso-del-violin-anxo-gomez-pineiro-en-vigo-GN12793072

Un novo éxito de Anxo Gómez Piñeiro

Dende o IES do Milladoiro felicitamos ao noso alumno, Anxo Gómez Piñeiro, polo seu éxito e posto obtido no XI Concurso de Corda, Cidade de Vigo

Recoñecemento a Anxo Gómez Piñeiro no Concello de Ames

Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, unha vez máis volveu estar presente nos medios de comunciación co gallo da súa recepción pola corporación de Ames e o seu alcalde, Blas García Piñeiro, na casa consistorial o pasado 28 de outubro.

Dende o IES do Milladoiro alegrámonos por este novo recoñecemento á virtuosidade co violín de Anxo e deixamos aquí as ligazóns a diferentes medios de comunicación.

EL CORREO GALLEGO

AMSGO

CONCELLO DE AMES

 

Mención de honor para Anxo Gómez no "Violin Competition" de Bratislava

Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, volve a ser noticia pola súa participación no concurso internacional "Violin Competition", levado a cabo en Bratislava. Anxo, que sesenvolve a súa práctica baixo as directrices de Yulia Petrushevsksya,  tivo que pasar tres rondas, unha preeliminar a través duns vídeos online e duas presenciais, pasando á ronda final e acadando o premio de mención de honor. Na capital eslovaca, Anxo competiu na categoria de ata 21 anos sendo, con diferencia, oo participante de menor idade 

Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por este novo éxito.

Nas seguintes ligazóns podedes acceder as mencións que se recollen en distintos medios de comunicación

LIGAZÓN "LA VOZ DE GALICIA"

LIGAZÓN "CORREO GALLEGO"

 

 

 

Ampliación do prazo para entrega de solicitudes para participación nas probas de certificación en linguas estranxeiras

Amplíase o prazo para presentar solicitude  de participación nas probas de acreditación de linguas estranxeiras ata o 23  de setembro para os centros. Para facilitar a tramitación  pedimos  que ata o día 21 de setembro se acheguen as solicitudes ao centro .As solicitudes recibidas terán que entregar o seguinte compromiso, que se pode descargar na seguinte ligazón:

COMPROMISO REALIZACIÓN PROBAS DE ACREDITACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

Convocatoria de probas de nivel lingüístico para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato

Na Resolución do 10 de xuño de 2022 regúlase a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesironal e Universidade. Os destinatarios desta convocatoria son os centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. As probas están destinadas ao alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º da ESO.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.

IMPORTANTE: Pídese ás familias interesadas en participar nestas probas que o comuniquen ao centro a través de correo electrónico (ies.milladoiro@edu.xunta.gal) antes do día 13 de xullo, indicando nome do alumno e proba á que se quere presentar.

Máis información;

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Francés: primeira lingua estranxeira no curso 2022/2023 para o alumnado de 1º ESO

O claustro do IES do Milladoiro acordou en reunión ordinaria, celebrada o 30 de xuño de 2022, ofertar a materia de "Francés: primeira lingua estranxeira" para o alumnado de 1º da ESO no vindeiro curso 2022/2023.

O alumando de 1º ESO, xa matriculado, que desexe cambiar de primeira lingua estranxeira, pode acudir ao centro nas mañás do luns 4 de xullo, martes 5 de xullo ou mércores 6 de xullo, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

 

Encontros educativos en aberto da Comunidade Xitana

Coa presenza do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, desenvolveuse no IES Antón Fraguas o Encontro Educativo en Aberto, organizado pola Fundación Secretariado Xitano. No encontro, levouse a cabo unha reflexión sobre as dificultades e avances que a comunidade xitana está protagonizando no ámbito educativo. Houbo tamén un recoñecemento para o alumnado que está a participar no Programa Promociona acudindo, en representación do noso centro, Aitana Fernández Fernández, Triana Jiménez Fernández e Alba Jiménez Fernández.

Durante o Encontro amosouse a curtametraxe O reto de mañá, na que se aborda o tema da constancia e o esforzo para superar os obstáculos e as dificultades.

A parte máis emotiva do encontro chegou co recoñecemento ao alumnado que titulou este curso. Representando ao noso centro estaban dous alumnos de 4º ESO A, Diego Jiménez Jiménez e Simón Jiménez León, que recibiron de mans do alcalde de Santiago de Compostela o seu recoñecemento como graduados en Educación Secundaria Obrigatoria.

 

Parabéns a Diego e a Simón pola súa titulación e o seu exemplo, grazas ao traballo e ao esforzo!

O IES DO MILLADOIRO, ENTRE OS 25 CENTROS CON MELLOR MEDIA DA ABAU EN GALICIA E SEGUNDO DA ÁREA METROPOLITANA DE SANTIAGO

Dentro da relación dos 25 centros educativos de Galicia, públicos e privados, nos que o seu alumnado obtivo unha media superior a 7, e que se amosa en La Voz de Galicia, o IES do Milladoiro amósase como o  o segundo centro educativo da área metropolitana de Santiago (e primeiro no relativo aos centros públicos da área metropoliana).

Esta nova coincide co acto, xa tradicional, de recoñecemento aos mellores expedientes ABAU de Galicia, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e que este ano tivo como escenario o Polideportivo Fontes do Sar. Das excelencias galegas do 2022, cinco pertencían ao noso centro: Manuel Caamaño Mayo, Juan Calvo Iglesias, Alba Conde Fernández, Yomara Ferreiro Lesta e Miguel Requeixo González.

Parabéns ao alumnado e ao profesorado dos grupos de 2º de bacharelato do curso 2021/2022 do noso centro.

Libros de texto. Curso 2022/2023

Calendario exames Bacharelato. Avaliación final extraordinaria

 

 

Luns 20 de xuño Martes 21de xuño Mércores 22 de xuño

8:50-10:30

(1ª + 2ª)

Lingua galega 1ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Xeografía 2ºBach

(Aula 231)

Matemáticas 1ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Inglés 1ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Economía 2ºBach

(Aula 231)

 

Hist. España 2ºBach

(Aula 232)

 

Química 2ºBach

(Laboratorio Física)

10:50-12:30

(3ª + 4ª)

Lingua galega 2ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Economía 1ºBach

(Aula 2º Bach. B)

 

Matemáticas 2ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Física e química 1ºBach

(Laboratorio Física)

 

Inglés 2ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Hist. M. Contemp.1ºBach

(Aula 231)

12:·50-14:30

(5º + 6ª)

Lingua Castelá 2ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Lit. Universal 1ºBach

(Aula 2º Bach. A)

 

Tecnoloxía industrial I

(Aula/taller Tecnoloxía)

 

Música 1ºBach

(Aula de música)

Lingua Castelá 1ºBach

(Aula 2º Bach. B)

 

Física 2ºBach

(Laboratorio Física)

 

Tic II

(Aula informática)

Bioloxía 2ºBach

(Laboratorio bioloxía)

 

Filosofía 1ºBach e 2ºBach

(Aula 232

 

DESCARGA FOLLA DE CALENDARIO EXAMES BACHARELATO. XUÑO 2022

AMPAMILLA. Préstamo de libros. Datas de entrega e devolución polas familias

As datas de recollida dos libros prestados pola ANPA do IES do Milladoiro, ANPAMILLA, serán as seguintes:

  • Luns, 20 de xuño. Bacharelato.
  • Martes, 21 de xuño: 4º e 3º ESO
  • Mércores, 22 de xuño: 1º e 2º ESO

O horario, en todos os casos, será de 16:30 a 18:30 horas, no corredor do piso intermedio do centro, situado xunto ó local da ANPA.

Graduación da promoción 2016/2022

O venres, 20 de maio, tivo lugar unha emotiva cerimonia de graduación da promoción 2016-2022 do IES do Milladoiro. Alumnado, docentes e familias asistiron a un acto marcado polas emocións e o humor, e por entrañables discursos. Non faltou a música da man dunha das nosas alumnas, Alba Conde, no que constituíu o broche final dun traballo e unha organización de membros da promoción, como Manuel Caamaño, Óscar Míguez, Adán Agulleiro, Alba García ou Sara Guitián. Foi todo o alumnado, en xeral, o que contribuíu ao éxito dunha cerimomia que, máis ca unha despedida, constituíu un "ata logo" a un alumnado que sempre formará parte do espírito do noso centro. 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

IMPORTANTE: PRAZO ATA O 22 DE XUÑO INCLUÍDO

Está aberto  o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

 

Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 

O alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.

 

Será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou para recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado de ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

 

 

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

PRAZO  DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Importante: o prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  mes desde a formalización da matrícula.

 

FORMA DE ENTREGA DAS SOLICITUDES

Ademais da presentación presencial no centro, poderá realizarse  a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberase  gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimiranse a solicitude e o anexo II e presentaranse no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (a aolicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá directamente un aviso co que xa quedará informado de que se ten a solicitude presentada por esa vía.

En ambos os casos o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educatio matriculado en  ESO que, a xuízo do centro docente non poida usar os libros de texto do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine.

DESCARGA DA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022 POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR

 

ANEXO SOLICITUDE

ANEXO II. COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU DOCUMENTO EQUIVALENTE, FIGURE O ALUMNO OU ALUMNA E DEMAIS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

  • Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
  • Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.
  • Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  • A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.


Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde,achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA OU CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.

 

DOCUMENTACIÓNXUSTIFICATIVA DA SITUACIACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO FAMILIAR, CANDO O AGRESOR FORME PARTE DA UNIDADE FAMILIAR

 

RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA

 

RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA

 

CERTIFICADO DE CONVIVENCIA, VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS OU DO ÓRGANO EQUIVALENTE DO CONCELLO ONDE RESIDA A FAMILIA, NO CASO DE QUE O PAIS E A NAI OU OS TITORES CAREZAN DE DNI E NIE

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa preaentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero

Bolsas. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Altas capacidades 
  • Trastornos de espectro autista
  • Trastornos da conduta ou da comunicación e a linguaxe.

Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:

 

Máis información

 

Acceso ao Servizo Online

 

Descarga da Resolución de 13 de maio de 2022 pola que se convocan axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Embaixada da República Dominicana ante o Reino de España. XII Premios ao mérito escolar

A embaixada da República Dominicana ante o Reino de España convoca á XII edición dos "Premios al mérito escolar", destinados a recoñecer o espírito de superación e comportamento cívico do alumnado de nacionalidade ou orixe dominicana, entre 10 e 18 anos. O prazo de recepción de candidaturas finaliza o 30 de maio e os candidatos poden ser propostos por familiares, centros educativos ou quen coñeza os méritos do alumno/a.

LIGAZÓN BASES DA CONVOCATORIA

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas curso 2022/2023. Ampliación do prazo ata o 16 de maio

Por Resolución do 10 de marzo de 2022 da Secretaría de Estado de Educación convocáronse as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para os estudantes que cursan estudos postobrigatorios. O artigo 48 da citada Resolución fixa o 12 de maio de 2022 ás 24,00 horas (hora peninsular) como último día do prazo de presentación de solicitudes.

Ao producírse unha incidencia técnica que dificultou o funcionamento ordinario da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a recepción das solicitudes e, conforme ao disposto no apartado 4 do artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dentro do prazo non vencido, resólvese:

 

  • Primeiro.- Prorrógase o prazo de presentación de solicitudes de bolsa ata as 24,00 horas (hora peninsular) do día 16 de maio de 2022.

 

  • Segundo.- Na Sede electrónica do Departamento farase pública tanto a incidencia técnica acontecida como o novo prazo.

Máis información

Información bolsas curso 2022/2023

Dúbidas Bolsas 2022

BOLSAS 2022

O PRAZO REMATA O 12 DE MAIO

DÚBIDAS RECOLLIDA POLA ÁREA DE ATENCIÓN AO CIDADÁN

1)  Podo ter dereito a unha bolsa de estudos se teño o título de bacharelato e quero estudar un GRAO PROFESIONAL DE MUSICA?

 

Resposta: Non. Ainda que pode solicitala igual.

2) ¿Quen é o solicitante os pais ou o alumno?

 

Resposta: A/ O solicitante/a sempre é o alumno/a. Se figuran os pais como solicitantes carrexará a denegación da bolsa.

 

3) No número de conta do banco ten que figurar o/a alumno/a como titular ou cotitular?

 Resposta: SI

 

4) ¿Que é un alumno independente?

 

Resposta: E aquel que non depende economicamente dos seus pais, que conta con recursos propios suficientes e cona titularidade/arrendamento da súa vivenda habitual

Se vives cos teus pais ou dependes economicamente deles deberar marcar sempre que non e gravar aos membros da túa unidade familiar na folla 2.

 

5) ¿Qué datos académicos se teñen en conta?

 

Resposta: Os do útlimo curso realizado

 

6)  Unha vez presentada a solicitude a través do sistema on-line ¿Podo modificar os datos?

 

Resposta: NON. Debes cubrir unha nova solicitude. A anterior queda automaticamente anulada.

 

7) ¿Teño que presentala solicitude na UNIDADE TRAMITADORA?

 

Resposta: NON , unicamente que teñas que presentar documentación complementar

 

8) ¿Unidade familiar?

Resposta: Debe poñer tódolos membros que compoñan a unidade familiar ao 31 de decembro de 2021

Se eres dependente económicamente: pais, irmáns menores de 25 anos  ou maiores discapacitados- e avós sempre e cando vivan na unidade familiar

Se es independente figurarás tí só e, no seu caso, a túa cónxuxe parella unida por análoga relación e os fillos ou fillas

9) Cando poderei modifica-los estudos?

 

Resposta:Unha vez notificada, a través da sede electrónica, a resolución da baremación económica abrirase un prazo  para pdoer moficalos estudos asi como para cubrir os datos de residencia (no caso de que vivira durante o curso fora da residencia familiar) , así como calquera outra cousa que o MEC considere convinte.

 

10) Se o prazo remata o 12 de maio e solicito a BOLSA posteriormente ¿que sucederá?

 

Resposta:A bolsa será denegada por solicitude fora de prazo

 

11) ¿Cómo enviar a documentación complementaria que me requiren?

A través dos Rexistros Administrativos:

 

  • Rexistros Xunta 

  • Rexistros Concellos 

  • Rexistros da Administración do Estado 

  • Rexistros da Deputación Provincial                

Por correo postal

 

  • Ordinario  

  • Certificado (caso de querer constancia de envío) 

 

A través da chave 365 (sempre e cando este autorizado/a)

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

 

Se quere solicitar cita previa para entregar documentació  nos rexistros da Xunta pode facelo a través da seguinte ligazón:

 

https://www.xunta.gal

 

ESTUDOS QUE ABRANGUE A BOLSA
 
  • CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

  • BACHARELATO.  

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO BASICO. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS         PROFESIONALES         (INCLUÍDO O GRAO PROFESIONAL DE  MUSICA). 

  • ENSINANZAS DEPORTIVAS. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS SUPERIORES. 

  • ESTUDIOS DE IDIOMAS (EN ESCOLAS OFICIALES). 

  • ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONDUCENTES A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRAO OU DE  MASTER 

  • ESTUDIOS SUPERIORES EQUIVALENTES A GRAO UNIVERSITARIO. 

  • ESTUDIOS RELIGIOXOS SUPERIORES. 

  • CURSO DE PREPARACION PARA ACCESO A UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25 ANOS 

  • CURSOS DE ACCESO E CURSOS DE  PREPARACION  PARA AS A PROBAS DE  ACCESO E CURSOS DE FORMACION ESPECIFICOS PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR IMPARTIDOS EN CENTROS PUBLICOS E  PRIVADOS CONCERTADOS QUE TEÑAN UTORIZADAS ENSINANZAS DE FORMACION         PROFESIONAL

MÁIS INFORMACIÓN

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO. 01/04/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas

                                                                                                                  

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

VER LIGAZÓN

Aberto o prazo de solicitudes de bolsas de niveis postobrigatorios (universidade, bacharelato, FP e outros)

(Información obtida da seguinte ligazón)

1. PRESENTACIÓN DA TÚA SOLICITUDE A PARTIR DO 30 DE MARZO ATA O 12 DE MAIO DE 2022.  FAINO CANTO ANTES!

Aínda que non saibas que vas estudar nin que notas sacarás este curso, debes achegar algúns datos provisionais. Máis adiante poderás modificalos. Quizais che pidan, ademais, achegar algún documento: por iso, prepara o borrador con tempo suficiente.

ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA A CONVOCATORIA PUBLICARASE A PARTIR DO MES DE MAIO

MÁIS INFORMACIÓN: FP, BACHARELATO E OUTROS

MÁIS INFORMACIÓN: UNIVERSIDADE - GRAO E MÁSTER

MÁIS INFORMACIÓN: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Unha vez completada a solicitude, darache a opción de presentala. Ten en conta que:

  • Se todo está correcto, poderás descargar o xustificante como garantía da presentación da bolsa. Na sede electrónica aparecerá a mensaxe “Presentada”.
  • Se a túa solicitude queda en estado "Borrador" non poderá ser tramitada: comproba se che falta algún dato.

IMPORTANTE: debes presentar a solicitude en prazo, xa que fóra do devandito prazo non se admitirán.

2. COMPROBACIÓN DE DATOS E REQUISITOS

A Unidade de Bolsas que che corresponda comprobará se reúnes os requisitos e se os datos son os correctos. É posible que che pidan algún documento máis. Despois, o Ministerio de Educación consultará á Administración Tributaria os datos económicos para a concesión da bolsa. Por iso, cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude pode estar:

  • “En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • “En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

3. INFORMACIÓN DE SE REÚNES OS REQUISITOS ECONÓMICOS

Dende o Ministerio enviarán unha notificación ao teu cartafol “As miñas notificacións”: avisarán por correo electrónico. Na notificación informarán de se reúnes ou non os requisitos económicos. Daranche instrucións para continuar o proceso, e un prazo para que poidas entrar novamente na túa solicitude para modificar algúns datos.

IMPORTANTE: Recoméndase consultar unha vez por semana o teu cartafol de “As miñas notificacións” na sede electrónica e o correo electrónico que indicaches na solicitude.

 

Se reúnes os requisitos económicos para obter bolsa deberás cumprir outros requisitos, de tipo xeral e académico. Podes consultar cales son na páxina web do Ministerio, ou na propia convocatoria. Se non reúnes os requisitos económicos e consideras que houbo algún erro, informarante do prazo que tes para presentar alegacións.

 

 

4. MODIFICACIÓN DE DATOS ACADÉMICOS OU FORMULACIÓN DE ALEGACIÓNS

Se queres modificar datos académicos da túa solicitude ou facer alegacións, na notificación informarante do prazo (adoita ser en setembro).

IMPORTANTE: debes revisar a información de tipo académico que anotaches na túa solicitude: se variou, terás que corrixila nese prazo.

Se non reúnes os requisitos económicos, podes alegar neste prazo. Para facelo, debes entrar na solicitude, nun apartado específico para iso.

Se alegas, e ademais os teus datos académicos cambiaron, lembra que tamén debes actualizar nese mesmo prazo os datos académicos.

5. COMPROBACIÓN DOS REQUISITOS ACADÉMICOS

Se reúnes os requisitos económicos, comprobarán a túa información académica. Se cumpres todos os requisitos, asignaranche as contías de bolsa que che correspondan. Cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude estará no estado:

  • "En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • "En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

6. RESOLUCIÓN DA TÚA SOLICITUDE

Comunicarán se che corresponde bolsa ou non, mediante unha notificación no teu cartafol “As miñas notificacións” da sede electrónica do Ministerio. Se non estás de acordo, poderás reclamar presentando alegacións dentro do prazo de 10 días. Se queres saber máis sobre iso, podes ir á páxina Como facer unha reclamación.

7. RECEPCIÓN DO IMPORTE DA BECA

Unha vez que recibas a notificación, aboarán na túa conta a cantidade que che corresponda. A bolsa ten unha parte fixa e outra variable, polo que é posible que recibas varios pagos. Ademais, a contía variable tamén pode dividirse en dous pagos. Ten en conta que o importe tardará polo menos unhas semanas en aboarse na túa conta desde que recibes a notificación.

8 PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA LISTA DE BOLSEIROS E BOLSEIRAS E CANTIDADE ASIGNADA

A resolución definitiva da túa bolsa non se comunicará de forma individual. Simplemente, se publicará na páxina web do Ministerio unha listaxe definitiva de bolseiros no que aparecerá a contía de bolsa que se che comunicou anteriormente.

No caso de que non aparezas na listaxe, a túa bolsa considérase denegada: xa cho notificarían anteriormente.

Ten en conta que unha vez publicada a resolución:

  • Tes un mes para partir do día seguinte desta publicación para presentar recurso administrativo.
  • Tes dous meses para presentar recurso xudicial, se non estás de acordo coa desestimación ou coas contías que se che concederon.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Preguntas frecuentes

Explicacións por vídeo

Normativa e cumprimentación

Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2022/2023

Publicada a listaxe provisional de alumnado: admisión para o curso 2022/2023. A consulta pode facerse no taboleiro do centro.

Bolsas de estudos. Curso 2022/2023

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/2023

Ábrese o prazo o 30 de marzo e finaliza o 12 de maio de 2022

 

MÁIS INFORMACIÓN

Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Universidade: grao e máster

 

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. Período de inscrición: do 3 ao 16 de marzo

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

LIGAZÓNS A MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA INFORMATIVA: FORMACIÓN PROFESIONAL. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 

 

ORDE DO 17 DE DECEMBRO DE 2021

 

APLICACIÓN CICLOSPROBAS

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

 

DATAS E LUGARES DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

 

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

 As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

 

No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

 

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 

  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

  • Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras.

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma. 

  • Xustificación documental do diagnóstico de TDAH.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificado de profesionalidade.

  • Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda.

  • Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

  • Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio

     

A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 

COMPROBACIÓN DE DATOS

 Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos no DNI ou NIE da persoa solicitante, e ademáis os seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:, relativos á aplicación a circunstancia que acredita e que son os seguintes:

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia 

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia.

     

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

  • Lingua Castelá.

  • Lingua Galega.

  • Ciencias Sociais.

 

B) Parte matemática:

  • Matemáticas.

 

c) Parte científico-técnica:

  • Ciencias da Natureza.

  • Tecnoloxía.

 

Proba de acceso ao grao medio, exencións

 

EXENCIÓN TOTAL DA PROBA

 Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

     

En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

 

EXENCIÓN PARCIAL

Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo, algunha das seguintes circunstancias:

1. Exención da parte sociolingüística:

 

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia 

  • Superación dos módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas 

     

2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia

  • Superación dos módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

     

3. Exención da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida dunha convocatoria anterior das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

  • Superación dos módulos profesionais dun título de formación profesional básica, agás o módulo de Formación en Centros de Traballo e os módulos asociados aos bloques comúns.

  • Superación dos módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en Centros de Traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.

  • Certificado de profesionalidade de calquera nivel.

  • Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación.

 

En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.

 

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 19 de abril.

 

 RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE EXENCIÓN E DE PROBA ADAPTADA

 A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 23 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

 

A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 19 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022 no horario que se indica a seguir:

 

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

     

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

RELACIÓNS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE CUALIFICACIÓNS

 A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 6 de xuño.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 7 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.

 

EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS

 Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 22 de xuño.

 

En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

 

VACANTES. IES DO MILLADOIRO. CURSO 2022/2023

CURSO

         VACANTES

ESTIMADAS

1º ESO 4
2º ESO 6
3º ESO 5
4º ESO 6
1º BACHARELATO. CIENCIAS E TECNOLOXÍA 3
1º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 25
1º BACHARELATO. TOTAL 28
2º BACHARELATO. CIENCIAS 15
2º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 26
2º BACHARELATO. TOTAL 41

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO

No taboeiro da Secretaría do instituto xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO.

Publicación do calendario de exames de materias pendentes, ESO e Bacharelato. Curso 2021/2022

Datas oficiais de exames para as materias que se teñan pendentes dalgún dos cursos anteriores:

Viaxe a Andorra. 2022

Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns:

CARTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS

 

Nova interpretación de Anxo Gómez

Na canle de youtube do noso alumno Anxo Gómez Piñeiro acábase de subir unha das suas maxistrais interpretacións. Trátase da "Fantasie brillante sur la Marche et la Romance d'Otello de Rossini, OP 11", composta polo violinista checo do século XIX, Heinrich Wihelm Ernst, un dos grandes violinistas da contemporaneidade e que xa dende neno deu mostras do seu talento. Dende aquí felicitamos a Anxo por esta novo grande exemplo da súa xenialidade no campo da música

Distribuir contido