Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

Dúbidas Bolsas 2022

BOLSAS 2022

O PRAZO REMATA O 12 DE MAIO

DÚBIDAS RECOLLIDA POLA ÁREA DE ATENCIÓN AO CIDADÁN

1)  Podo ter dereito a unha bolsa de estudos se teño o título de bacharelato e quero estudar un GRAO PROFESIONAL DE MUSICA?

 

Resposta: Non. Ainda que pode solicitala igual.

2) ¿Quen é o solicitante os pais ou o alumno?

 

Resposta: A/ O solicitante/a sempre é o alumno/a. Se figuran os pais como solicitantes carrexará a denegación da bolsa.

 

3) No número de conta do banco ten que figurar o/a alumno/a como titular ou cotitular?

 Resposta: SI

 

4) ¿Que é un alumno independente?

 

Resposta: E aquel que non depende economicamente dos seus pais, que conta con recursos propios suficientes e cona titularidade/arrendamento da súa vivenda habitual

Se vives cos teus pais ou dependes economicamente deles deberar marcar sempre que non e gravar aos membros da túa unidade familiar na folla 2.

 

5) ¿Qué datos académicos se teñen en conta?

 

Resposta: Os do útlimo curso realizado

 

6)  Unha vez presentada a solicitude a través do sistema on-line ¿Podo modificar os datos?

 

Resposta: NON. Debes cubrir unha nova solicitude. A anterior queda automaticamente anulada.

 

7) ¿Teño que presentala solicitude na UNIDADE TRAMITADORA?

 

Resposta: NON , unicamente que teñas que presentar documentación complementar

 

8) ¿Unidade familiar?

Resposta: Debe poñer tódolos membros que compoñan a unidade familiar ao 31 de decembro de 2021

Se eres dependente económicamente: pais, irmáns menores de 25 anos  ou maiores discapacitados- e avós sempre e cando vivan na unidade familiar

Se es independente figurarás tí só e, no seu caso, a túa cónxuxe parella unida por análoga relación e os fillos ou fillas

9) Cando poderei modifica-los estudos?

 

Resposta:Unha vez notificada, a través da sede electrónica, a resolución da baremación económica abrirase un prazo  para pdoer moficalos estudos asi como para cubrir os datos de residencia (no caso de que vivira durante o curso fora da residencia familiar) , así como calquera outra cousa que o MEC considere convinte.

 

10) Se o prazo remata o 12 de maio e solicito a BOLSA posteriormente ¿que sucederá?

 

Resposta:A bolsa será denegada por solicitude fora de prazo

 

11) ¿Cómo enviar a documentación complementaria que me requiren?

A través dos Rexistros Administrativos:

 

  • Rexistros Xunta 

  • Rexistros Concellos 

  • Rexistros da Administración do Estado 

  • Rexistros da Deputación Provincial                

Por correo postal

 

  • Ordinario  

  • Certificado (caso de querer constancia de envío) 

 

A través da chave 365 (sempre e cando este autorizado/a)

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

 

Se quere solicitar cita previa para entregar documentació  nos rexistros da Xunta pode facelo a través da seguinte ligazón:

 

https://www.xunta.gal

 

ESTUDOS QUE ABRANGUE A BOLSA
 
  • CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

  • BACHARELATO.  

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO BASICO. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS         PROFESIONALES         (INCLUÍDO O GRAO PROFESIONAL DE  MUSICA). 

  • ENSINANZAS DEPORTIVAS. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS SUPERIORES. 

  • ESTUDIOS DE IDIOMAS (EN ESCOLAS OFICIALES). 

  • ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONDUCENTES A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRAO OU DE  MASTER 

  • ESTUDIOS SUPERIORES EQUIVALENTES A GRAO UNIVERSITARIO. 

  • ESTUDIOS RELIGIOXOS SUPERIORES. 

  • CURSO DE PREPARACION PARA ACCESO A UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25 ANOS 

  • CURSOS DE ACCESO E CURSOS DE  PREPARACION  PARA AS A PROBAS DE  ACCESO E CURSOS DE FORMACION ESPECIFICOS PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR IMPARTIDOS EN CENTROS PUBLICOS E  PRIVADOS CONCERTADOS QUE TEÑAN UTORIZADAS ENSINANZAS DE FORMACION         PROFESIONAL

MÁIS INFORMACIÓN

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO. 01/04/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas

                                                                                                                  

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

VER LIGAZÓN

Aberto o prazo de solicitudes de bolsas de niveis postobrigatorios (universidade, bacharelato, FP e outros)

(Información obtida da seguinte ligazón)

1. PRESENTACIÓN DA TÚA SOLICITUDE A PARTIR DO 30 DE MARZO ATA O 12 DE MAIO DE 2022.  FAINO CANTO ANTES!

Aínda que non saibas que vas estudar nin que notas sacarás este curso, debes achegar algúns datos provisionais. Máis adiante poderás modificalos. Quizais che pidan, ademais, achegar algún documento: por iso, prepara o borrador con tempo suficiente.

ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA A CONVOCATORIA PUBLICARASE A PARTIR DO MES DE MAIO

MÁIS INFORMACIÓN: FP, BACHARELATO E OUTROS

MÁIS INFORMACIÓN: UNIVERSIDADE - GRAO E MÁSTER

MÁIS INFORMACIÓN: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Unha vez completada a solicitude, darache a opción de presentala. Ten en conta que:

  • Se todo está correcto, poderás descargar o xustificante como garantía da presentación da bolsa. Na sede electrónica aparecerá a mensaxe “Presentada”.
  • Se a túa solicitude queda en estado "Borrador" non poderá ser tramitada: comproba se che falta algún dato.

IMPORTANTE: debes presentar a solicitude en prazo, xa que fóra do devandito prazo non se admitirán.

2. COMPROBACIÓN DE DATOS E REQUISITOS

A Unidade de Bolsas que che corresponda comprobará se reúnes os requisitos e se os datos son os correctos. É posible que che pidan algún documento máis. Despois, o Ministerio de Educación consultará á Administración Tributaria os datos económicos para a concesión da bolsa. Por iso, cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude pode estar:

  • “En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • “En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

3. INFORMACIÓN DE SE REÚNES OS REQUISITOS ECONÓMICOS

Dende o Ministerio enviarán unha notificación ao teu cartafol “As miñas notificacións”: avisarán por correo electrónico. Na notificación informarán de se reúnes ou non os requisitos económicos. Daranche instrucións para continuar o proceso, e un prazo para que poidas entrar novamente na túa solicitude para modificar algúns datos.

IMPORTANTE: Recoméndase consultar unha vez por semana o teu cartafol de “As miñas notificacións” na sede electrónica e o correo electrónico que indicaches na solicitude.

 

Se reúnes os requisitos económicos para obter bolsa deberás cumprir outros requisitos, de tipo xeral e académico. Podes consultar cales son na páxina web do Ministerio, ou na propia convocatoria. Se non reúnes os requisitos económicos e consideras que houbo algún erro, informarante do prazo que tes para presentar alegacións.

 

 

4. MODIFICACIÓN DE DATOS ACADÉMICOS OU FORMULACIÓN DE ALEGACIÓNS

Se queres modificar datos académicos da túa solicitude ou facer alegacións, na notificación informarante do prazo (adoita ser en setembro).

IMPORTANTE: debes revisar a información de tipo académico que anotaches na túa solicitude: se variou, terás que corrixila nese prazo.

Se non reúnes os requisitos económicos, podes alegar neste prazo. Para facelo, debes entrar na solicitude, nun apartado específico para iso.

Se alegas, e ademais os teus datos académicos cambiaron, lembra que tamén debes actualizar nese mesmo prazo os datos académicos.

5. COMPROBACIÓN DOS REQUISITOS ACADÉMICOS

Se reúnes os requisitos económicos, comprobarán a túa información académica. Se cumpres todos os requisitos, asignaranche as contías de bolsa que che correspondan. Cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude estará no estado:

  • "En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • "En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

6. RESOLUCIÓN DA TÚA SOLICITUDE

Comunicarán se che corresponde bolsa ou non, mediante unha notificación no teu cartafol “As miñas notificacións” da sede electrónica do Ministerio. Se non estás de acordo, poderás reclamar presentando alegacións dentro do prazo de 10 días. Se queres saber máis sobre iso, podes ir á páxina Como facer unha reclamación.

7. RECEPCIÓN DO IMPORTE DA BECA

Unha vez que recibas a notificación, aboarán na túa conta a cantidade que che corresponda. A bolsa ten unha parte fixa e outra variable, polo que é posible que recibas varios pagos. Ademais, a contía variable tamén pode dividirse en dous pagos. Ten en conta que o importe tardará polo menos unhas semanas en aboarse na túa conta desde que recibes a notificación.

8 PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA LISTA DE BOLSEIROS E BOLSEIRAS E CANTIDADE ASIGNADA

A resolución definitiva da túa bolsa non se comunicará de forma individual. Simplemente, se publicará na páxina web do Ministerio unha listaxe definitiva de bolseiros no que aparecerá a contía de bolsa que se che comunicou anteriormente.

No caso de que non aparezas na listaxe, a túa bolsa considérase denegada: xa cho notificarían anteriormente.

Ten en conta que unha vez publicada a resolución:

  • Tes un mes para partir do día seguinte desta publicación para presentar recurso administrativo.
  • Tes dous meses para presentar recurso xudicial, se non estás de acordo coa desestimación ou coas contías que se che concederon.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Preguntas frecuentes

Explicacións por vídeo

Normativa e cumprimentación

Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2022/2023

Publicada a listaxe provisional de alumnado: admisión para o curso 2022/2023. A consulta pode facerse no taboleiro do centro.

Bolsas de estudos. Curso 2022/2023

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/2023

Ábrese o prazo o 30 de marzo e finaliza o 12 de maio de 2022

 

MÁIS INFORMACIÓN

Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Universidade: grao e máster

 

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. Período de inscrición: do 3 ao 16 de marzo

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

LIGAZÓNS A MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA INFORMATIVA: FORMACIÓN PROFESIONAL. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 

 

ORDE DO 17 DE DECEMBRO DE 2021

 

APLICACIÓN CICLOSPROBAS

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

 

DATAS E LUGARES DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

 

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

 As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

 

No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

 

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 

  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

  • Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras.

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma. 

  • Xustificación documental do diagnóstico de TDAH.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificado de profesionalidade.

  • Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda.

  • Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

  • Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio

     

A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 

COMPROBACIÓN DE DATOS

 Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos no DNI ou NIE da persoa solicitante, e ademáis os seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:, relativos á aplicación a circunstancia que acredita e que son os seguintes:

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia 

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia.

     

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

  • Lingua Castelá.

  • Lingua Galega.

  • Ciencias Sociais.

 

B) Parte matemática:

  • Matemáticas.

 

c) Parte científico-técnica:

  • Ciencias da Natureza.

  • Tecnoloxía.

 

Proba de acceso ao grao medio, exencións

 

EXENCIÓN TOTAL DA PROBA

 Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

     

En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

 

EXENCIÓN PARCIAL

Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo, algunha das seguintes circunstancias:

1. Exención da parte sociolingüística:

 

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia 

  • Superación dos módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas 

     

2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia

  • Superación dos módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

     

3. Exención da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida dunha convocatoria anterior das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

  • Superación dos módulos profesionais dun título de formación profesional básica, agás o módulo de Formación en Centros de Traballo e os módulos asociados aos bloques comúns.

  • Superación dos módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en Centros de Traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.

  • Certificado de profesionalidade de calquera nivel.

  • Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación.

 

En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.

 

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 19 de abril.

 

 RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE EXENCIÓN E DE PROBA ADAPTADA

 A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 23 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

 

A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 19 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022 no horario que se indica a seguir:

 

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

     

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

RELACIÓNS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE CUALIFICACIÓNS

 A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 6 de xuño.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 7 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.

 

EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS

 Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 22 de xuño.

 

En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

 

VACANTES. IES DO MILLADOIRO. CURSO 2022/2023

CURSO

         VACANTES

ESTIMADAS

1º ESO 4
2º ESO 6
3º ESO 5
4º ESO 6
1º BACHARELATO. CIENCIAS E TECNOLOXÍA 3
1º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 25
1º BACHARELATO. TOTAL 28
2º BACHARELATO. CIENCIAS 15
2º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 26
2º BACHARELATO. TOTAL 41

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO

No taboeiro da Secretaría do instituto xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO.

Publicación do calendario de exames de materias pendentes, ESO e Bacharelato. Curso 2021/2022

Datas oficiais de exames para as materias que se teñan pendentes dalgún dos cursos anteriores:

Viaxe a Andorra. 2022

Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns:

CARTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS

 

Nova interpretación de Anxo Gómez

Na canle de youtube do noso alumno Anxo Gómez Piñeiro acábase de subir unha das suas maxistrais interpretacións. Trátase da "Fantasie brillante sur la Marche et la Romance d'Otello de Rossini, OP 11", composta polo violinista checo do século XIX, Heinrich Wihelm Ernst, un dos grandes violinistas da contemporaneidade e que xa dende neno deu mostras do seu talento. Dende aquí felicitamos a Anxo por esta novo grande exemplo da súa xenialidade no campo da música

Realización da ABAU de maneira adaptada. Prazo ata o 4 de febreiro

 

O alumnado de Bacharelato que presente necesidades específicas de apoio educativo (as necesidades deben estar informadas clínica ou psicopedagóxicamente) poderá solicitar a realización das ABAU de maneira adaptada.

Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como a garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan.

 A determinación das ditas medidas farase sobre a base das adaptacións curriculares que se lle aplicaron ao estudante na etapa educativa no instituto.

As solicitudes (anexo I) deberán facerse unicamente a través do centro no que o estudante realizase os estudos de Bacharelato. Deberá estar asinada polo director, a secretaria e a orientadora do centro. Xunto coa solicitude hai que presentar unha autorización (anexo II) para solicitar as adaptacións e un certificado de secretaría sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso (anexo III). De ser o caso, tamén debe achegarse certificado que acredite o grao de discapacidade.

 

IMPORTANTE: o prazo finaliza o 4 de febreiro

PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR NO CENTRO

 

MÁIS INFORMACIÓN

PROCEDEMENTO NA ABAU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

NORMATIVA

CORRECCIÓN DOS EXAMES DO ALUMNADO CON DISLEXIA

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 iniciáronse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2022

Está publicada a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022.

Prazos de presentación de solicitudes:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: o prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: o prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO

MÚSICA NO NADAL CUN NOBRE PROPÓSITO

Queremos traer á nosa páxina web unha actividade dun dos nosos alumnos. Trátase do concerto realizado o 27 de decembro por Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO, a beneficio da asociación ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia) no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Posteriormente, o noso alumno, o día de Reis, colaborou coa mesma asociación no peche dun Belén exposto na Casa da Cultura de Cuntis pola asociación Río Gallo. Trátase duns feitos que foron recollidos nos medios de comunicación.

Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por esta actividade solidaria, a través dunha arte como a Música e cun instrumento como o violín, que domina dunha maneira maxistral.

Plan Dixital

Para a elaboración do Plan dixital para o IES do MIlladoiro, ademáis de unha anterior enquisa,  é necesario que o alumnado de Bacharelato participe noutra coa ferramenta SELFIE, desenvolvida pola Comisión Europea xunto cun grupo de expertos e profesionais no ámbito da educación.

Esta ferramenta avalía o modo en que se utilizan sa tecnoloxías dixitais para aprender e ensinar no centro e pèrmite obter unha instantánea do punto en que se atopa o centro en relación ao uso das tecnoloxís dixitais, tendo en conta as oopinións do alumnado, profesorado e equipo directivo, motivo polo cal é necesario responder con responsabilidade a dito cuestionario.

Todas as respostas facilitadas a través de SELFIE son anónimas e ningún membro do este alumnado, profesorado ou menbro do equipo directivo que responda as preguntas e afirmacións poderá ser identificado personalmente.

Para aceder ao cuestionario, preme na seguinte ligazón:

https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=vDej8PZ&lang=es

Grazas polo voso tempo.

 

SANTA ICÍA NO IES DO MILLADOIRO. DÍA DA MÚSICA

No IES do Milladoiro conmemorouse a celebración do Día da Música (na onomástica de Santa Icía) coa celebración dun concerto na biblioteca, que todos puidemos desfrutar o pasado luns, 22 de novembro, grazas 'a participación de:

Dora Iglesias Bermúdez. 1º ESO A

Anxo Gómez Piñeiro. 2º ESO E

Diego Jiménez Jiménez. 4º ESO A

Simón Jiménez León. 4º ESO A

Alejandro Buela Pampín. 4º ESO B

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. RESULTADOS

ALUMNADO

  1. GABRIEL ANXO BLANCO CASTAÑO: 160 V0T0S
  2. LÍA RÍOS RUBIO: 118 VOTOS
  3. LUCÍA SANMARTÍN RODRÍGUEZ: 103 VOTOS

 

NAIS E PAIS

  1. MARÍA LUISA BERMÚDEZ PERALBA: 16 VOTOS
  2. REBECA PIÑEIRO LÓPEZ: 6 VOTOS

 

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  1. MARÍA VICTORIA FERREIRO FERREIRO: 6 VOTOS

 

PROFESORADO

  1. ANTONIO PUENTES CHAO: 30 VOTOS
  2. ANA MARÍA CARBALLO BALBOA: 26 VOTOS
  3. MARÍA ELENA DOCANTO LAVIÑA: 26 VOTOS
  4. CARLOS VARELA CASAL: 25 VOTOS
  5. SONIA MAGARIÑOS RIVEIRA: 23 VOTOS

 

 

ANXO GÓMEZ PIÑEIRO

A alma e o sangue dun centro educativo son todos os seus alumnos e alumnas. Un deles, no IES do Milladoiro, é Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO. Ademais do noso IES, Anxo tamén é alumno do Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, da man de profesores como Yulia Petrushevskaya, o noso alumno logrou ser "un prodixio do violín", unha gran promesa que obtivo galardóns tanto en certames internacionais celebrados na nosa comunidade como fóra dela. Calificado na prensa como a reencarnación de Nícola Paganini, Anxo volveu saír nos medios de comunicación esta semana pola súa actuación no Conservatorio Histórico de Santiago. Dende o IES do Milladoiro queremos recoñecer o gran talento e mérito de Anxo que, neste curso, intentará amosarnos e adentrarnos no mundo da música, da man dunha nova actividade, "crónicas de Euterpe", que se poderá ver no ámbito da nosa páxina web.

ALBA DIEZ MARIÑO, PREMIO EXTRAORDINARIO

Hoxe xoves, o IES do Milladoiro realizou un pequeno acto na biblioteca do centro para congratular á nosa alumna Alba Diez Mariño, de 1º de Bacharelato A, por obter uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2020/2021 e convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.  A vicedirectora, Ana Isabel Sande, en representación do equipo directivo, fixo entrega dun diploma e un pequeno agasallo . Felicitamos a Alba por este premio e por toda a sua traxectoria académica e de apoio e defensa do alumnado a través do seu posto de representante no Consello Escolar.

A TRIBO

O martes, 17 de novembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asistiu á proxección das curtas do proxecto "a tribo", nas que interviron dúas alumnas do noso centro: Aroha Brandon e Lorena Seoane. A tribo é un proxecto de Agareso e Igaxes, que durante 12 meses realiza un traballo integral de fortalecemento das capacidades da mocidade e a superación de estereotipos, nas situacións de risco de exclusión. Trátase dunha aposta máis polas mozas e mozos da nosa contorna, de dúas aosciacións vinculadas con nós dende os nicios da  Rede do IES do Milladoiro e da que podedes ver unha presentación  no seguinte vídeo:

 

NOVA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL E PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

O martes, 16 de novembro produciuse unha nova reunión da Xunta Electotal. Ademais de revisar as alegacions ao censo e facelo definitivo, así como realizar o sorteo dos compoñentes das mesas electorias de persoal de administración e servizos, alumnado e nais e pais, a Xunta Electoral procedeu a proclamación das candidaturas que son as seguintes: 

 

Sector do alumnado

Gabriel Anxo Blanco Castaño

Hugo Bercero Rivas

Alejandro Buela Pampín

Eva María Caulonga Mosquera

José Manuel De Castro Vélez

Yeimy Lorena Cruz Sáenz

Lucas Doce Piñeiro

María Clara Feliz Lopes

Andrea García Gallego

Emily Martínez Jiménez

Marta Méndez Cachafeiro

Lía Ríos Rubio

Nerea Rúa Contreras

Lucía Sanmartín Rodríguez

 

Sector do profesorado

Rafael Baliñas Pérez

Ana María Carballo Balboa.

María Elena Docanto Laviña

Isabel Iglesias Martínez

Sonia Magariños Riveira

Antonio Puentes Chao

Carlos Varela Casal

 

Sector do P.A.S

María Victoria Ferreiro Ferreiro

 

Sector dos pais/nais/titores/as legais:

María Luisa Bermúdez Peralba

Rosa María Bravo López

Carmen Calviño Miramontes

Rebeca Piñeiro López

 

Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo de dous días seguintes.

 

 

 

 

HUGO BERCERO RIVAS: ESFORZO E SUPERACIÓN

Unha mostra de esforzo e superación témola nun alumno de 2º ESO B, Hugo Bercero Rivas, membro do Club Ágora Boqueixón patinaxe artística, que recentemente tivo unha destacada actuación nunha das modalidades do campionato de España de patinaxe artística, celebrado hai poucas semanas na localidade xerundense de Figueres.

 

Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Hugo e animámolo a conqueir novas metas que seguro, logrará grazas e ese espíritu de esforzo e superación que leva consigo.

AXUDAS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

 

Acábase de publicar a Orde do 21 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en centros docentes públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar

Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

ENTREGA DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo máximo para tramitar o procedemento será de tres (3) meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia; transcorrido este, a solicitude poderá entenderse desestimada por silencio administrativo negativo.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no instituto e débese presentar:

  • Anexo I. Dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e no instituto

  • Anexo II. Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia domenor.

     

  • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado na orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o alumno ou alumna e todos os familiares que convivan co mesmo, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

     

  • Certificado do grao de discapacidade do alumno ou alumna ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

     

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar,

     

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

     

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Tampouco será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

A TER EN CONTA

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar. 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

Terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

  • Os fillos e fillas menores de idade con excepción das persoas emancipadas. Terán a mesma consideración as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

  • Os fillos e fillas maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  • Os fillos e fillas solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

  • A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

    Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.



NON TERÁ A CONSIDERACIÓN DE MEMBRO COMPUTABLES

  • A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

  • O agresor nos casos de violencia de xénero.

     

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero, que se aplicará o disposto na lexislación específica. 

FELICITACIÓN A ALBA DÍEZ MARIÑO

Recibimos esta semana de novembro coa nova da concesión dun dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022, á alumna de 1º de Bacharelato Alba Diez Mariño, actual representante do alumnado no Consello Escolar do noso centro. É o digno recoñecemento ao esforzo e ao traballo dunha compañeira que enche de orgullo a toda a comunidade educativa.

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021/2022

BOLSAS. ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS APOIO EDUCATIVO. FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

 

BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

INICIO CURSO 2021-2022

Fondo de libros de texto: datas e prazos

- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de  solicitudes  admitidas e excluídas e exposición das mesmas no  interior  do centro. As persoas  solicitantes poderán acceder  por vía  electrónica  ao  seu  expediente  a  través  da  aplicación  fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

- Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente.

*IMPORTANTEo alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de  setembro ao seu titor ou titora.

- Publicación das listaxes definitivas15 de setembro

Libros de texto para o curso 2021-2022

Distribuir contido