Graducación da promoción 2017/2023

O venres, 12 de maio, tivo lugar unha emotiva cerimonia de graduación da promoción 2017-2023 do IES do Milladoiro. Alumnado, docentes e familias asistiron a un acto marcado polas emocións e o humor, e por entrañables discursos.  Especialmente destacable foi a invitación, a proposta do alumnado, do antigo director do instituto, Víctor Santidrián Arias e de docentes de cursos anteriores como David Amboage ou Nadia Toledo. O alumnado agradeceu tamén todo o esforzo e traballo do profesorado do presente curso e a axuda da vicedirectora, Sonia Magariños Riveira, na emotiva actividade que se desnvolveu na Finca da Rocha. Foi todo o alumnado, en xeral, o que contribuíu ao éxito dunha cerimomia que, máis ca unha despedida, constituíu un "ata logo" a un alumnado que sempre formará parte do espírito do noso centro.