Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

Concurso de TEATRO LIDO do Concello de Ames

Un total de oito grupos representarán o noso centro no VIII CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES. O pasado día 24 de outubro asistiron á primeira sesión de formación no Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames.)

XIII Festival de maxia do Concello de Ames

O venres 26 de outubro visitou o noso centro o mago Roberto Lolo e fixo pasar un anaco estupendo ao alumnado de 1º de ESO. Festival de maxia do Concello de Ames

Magosto 2018

A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES do Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 30 de outubro de 17:20 a 18:10.

Apertura da cafetería do centro

O próximo venres 19 de outubro contaremos de novo coa cafetería do centro no seu horario habitual.

Peche temporal da cafetería

Con data do 31 de agosto, o centro recibiu un correo do Servizo de Comedores Escolares no que se nos informaba, por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Otaivén Barcala, de que dado o novo sistema de adxudicación, agora centralizado na Consellería,  as cafeterías non poderían abrir ata o remate do proceso.
A cafetería non abrirá, xa que logo, polo momento. Hoxe, 19 de setembro, consultamos ao Servizo de Xestión de Comedores sobre a data de apertura e comunicóusenos que se realizará "proximamente".

INICIO DO CURSO 2018-2019: reunións coas familias e presentación dos grupos

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Reunión informativa coas familias e o alumnado de 1º de ESO: xoves 6 de setembro, 18.00

Reunión informativa co alumnado novo no centro de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato e coas súas familias: luns 10 de setembro, 18.30

 

PRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO

Luns 17 de setembro, 13.00

 PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS  DE ESO

Martes 18 de setembro

1º ESO: 11.30 - 12.30

2º ESO: 12.00 - 12.30

3º ESO  e 4º ESO: 12.30 - 13.00

Haberá servizo de bus para o alumnado transportado de 11.30 a 13.00

 

INICIO DAS CLASES

Mércores 19 de setembro, no horario habitual do centro: 8.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018 - 2019: LISTAXES DEFINITIVAS

  Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnado admitido e excluído nas axudas para material escolar e  no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Neste último, na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro. Na listaxe de libros complementarios figuran subliñados os libros aos que algúns alumnos e alumnas teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días.

   Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos durante a primeira semana do curso.

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 12 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 13 e 16 de xullo

   Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas,  xoves 6 de setembro, ao seu titor ou titora.

   A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 14 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar a partir do 19 de setembro de 2018. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 14 de setembro ao 15 de outubro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

BOLSAS DE ESTUDOS DO MECD [2018-2019]

Informamos de que está aberto o prazo para solicitar bolsas de estudos do Ministerio para diferentes estudos.

As solicitudes deben realizarse na sede do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Toda a información na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte [aquí].

Listaxe provisional do alumnado admitido e excluído no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS e nas AXUDAS PARA MATERIAL. Curso 2018-2019.

As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos  arquivos adxuntos. No caso das axudas para material escolar, o alumnado con materias pendentes para setembro non figura en ningunha destas listas. Sairá nas listaxes definitivas, o 14 de setembro. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 13 e luns 16.

CONSIGNAS DO ALUMNADO

Antes do 26 de xuño o alumnado debe deixar baleira e aberta a súa consigna. Pode recoller a copia da súa chave na secretaría do centro.

Avaliación final da ESO no IES do Milladoiro

A LOMCE establece que o alumnado de 4º realizará unha avaliación individualizada ao finalizar a ESO. Dita proba "non terá efectos adadémicos, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica". Segundo circular da Consellería de Educación o IES do Milladoiro resultou seleccionado "aplicando criterios estatísticos (...) para formar parte da mostra de centros participantes". Máis información aquí.


Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato

O venres 18 de maio tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o acto de despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Desexámoslle moita sorte!

Un alumno e unha alumna, PREMIOS AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN persoal na ESO (2016-2017)

   O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.

Desculpas dalgúns alumnos e alumnas de 3º ESO do grupo TEI

O día 20 de abril, o alumnado de 1º e 3º de ESO do grupo TEI (Titoría entre iguais) realizou un roteiro pola cidade de Santiago no que algúns alumnos e alumnas de 3º incumpriron as súas obrigas. Conscientes diso, queren pedir desculpas públicas: aquí.

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA-Podium de abril

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Resultados de abril

Campamentos de verán da Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de maio. Máis información: aquí.

Campamento científico da USC

O venres 23 de abril ábrese o prazo para inscribirse no "VI Campus de verán Xuvenciencia", que terá lugar do 2 ao 6 de xullo e vai dirixido a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Máis información e preinscrición aquí.

Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán 2018

O MEC convoca axudas para que o alumnado de 1º e 2º de ESO poida participar en campamentos de inmersión lingúística en inglés en xullo de 2018. Máis información: aquí.

Día Mundial do Pobo Xitano

Con motivo do Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora o 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano e mais Agareso promoveron o vídeo participativo: Das mulleres xitanas para todas as mulleres. Marcando a diferenza. Foi presentado o venres pasado, 6 de abril, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Podio do segundo trimestre

Xornada gastronómica francesa

O Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza a súa V Xornada gastronómica e invita a participar a toda a comunidade educativa. Instrucións aquí

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Tal e como marca o calendario escolar da Xunta de Galicia, volvemos ás clases o martes 3 de abril.

Maleta da igualdade

Do 21 de marzo ao 17 de abril a Biblioteca contará en préstamo coa "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dun conxunto de 42 obras de diversos xéneros que supoñen un recurso para traballar nas aulas temas como a corresponsabilidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a violencia de xénero, a identidade, a historia das mulleres... Hoxe achegáronse a ela os primeiros grupos de 2º de ESO a través dun xogo de "Caza do tesouro".

III Olimpíada da Convivencia: resultados de febreiro

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2018

No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.

Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.

Toda a información en: https://www.campuscientificos.es/

 

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2018

No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.

Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.

Toda a información e presentación de solicitudes en: https://www.campuscientificos.es/

Fotos da saída a Andorra

Saída a Andorra-1

Galería fotográfica:  parte II, parte III e parte IV.

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Resultados de xaneiro

Distribuir contido