Lingua Galega e Portugués |
O alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de asistir, na Casa da Cultura de Bertamiráns, á representación de I´ll be watching you (hei estar vixiándote) da compañía Chévere. Trátase dun proxecto teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero transmitidos polas cancións amorosas da música comercial de consumo masivo. Esta actividade foi financiada polo CIM do Concello de Ames como parte das actividades organizadas para loitar contra as violencias de xénero. Vídeo |
|||
O 23 de outubro o departamento de Lingua Galega e Literatura levou ao alumnado de 2º de Bacharelato ao Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Elisa e Marcela, unha coproducción de A Panadería co Centro Dramático Galego. A semana anterior foi o alumnado de 2º e 3º PMAR o que puido asistir a Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, unha coproducción de Pistacatro co CDG baseada na obra de X. L. Méndez Ferrín. |
|||
O pasado luns 7 de maio os/as alumnos/as de 2º de ESO participaron no CORRELINGUA, a carreira polo galego que se iniciou en Bueu o 2 de maio e rematará en Vigo o 16 do mesmo mes, pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol. |
|||
O Departamento de Lingua Galega realizou co alumnado de 4º de ESO D unha actividade de busca de información e reflexión. Para ela, utilizaron o contido da "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Igualdade que a biblioteca do centro ten en préstamo ata o próximo martes 17 de abril.
|
|||
|
|||
Grazas á colaboración do Colexio de Xornalistas de Galicia, o alumnado de 4º ESO A e 3º ESO B e C tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de xornalismo o venres 23 de marzo. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca do centro. |
|||
O alumnado de 1º de ESO participa no proxecto ENREGUEIFATE que une os concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo. |
|||
|
|||
O luns 5 de febreiro comezaron as actividades de formación dos participantes no Club de debate do Concello de Ames. |
|||
O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con lingua. O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua. |
|||
O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información] |
|||
LIGAZÓN A RECURSOS DE LINGUA GALEGA PARA 1º E 3º ESO. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
O xoves 11 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu á conferencia "A emigración galega a Cuba e o papel das sociedades de Calo e Biduído" ao coidado do conferenciante Sixto Gómez Echemendia, filólogo, historiador e investigador.
|
|||
|
|||
Vídeos gañadores da campaña publicitaria "PRESUME DE LINGUA". Parabéns a todos os participantes.
|
|||||||||||||||
|
|||
O alumnado
|
|||
Listaxe de libros de lectura 2014-2015 |
|||
Un grupo de 154 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, acompañados por sete profesores/as, mollámonos o día 4 de maio na defensa da nosa lingua. Desafiando a chuvia inclemente que caeu sobre Compostela, participamos no Correlingua e gañamos o concurso de animación. Regresamos empapados/as, pero contentos e cargados co noso premio: camisetas, atlas, libros, material audiovisual e entradas para o teatro. Fomos os que máis animamos e a nosa canción a que máis se oíu durante a marcha. O curso que vén pensamos repetir!
Velaquí vos deixamos o noso grito de guerra, que espantou a chuvia de Compostela:
A CANCIÓN DA TROPA
Tamén saímos na Voz de Galicia