Pensamentos de Castelao a Rosalía

Durante o segundo trimestre homenaxearemos no centro a dous persoeiros fundamentais para a nosa cultura a través de dúas efemérides: o aniversario do nacemento de Castelao (30 de xaneiro) e o de Rosalía (24 de febreiro). Entre outras accións, o EDLG  proporcionou a cada aula do centro unha planta de pensamentos con dous "pensamentos" (citas) de Castelao, previamente seleccionadas polo alumnado do grupo. A partir de febreiro esas verbas de Castelao serán substituídas por versos de Rosalía. Pensamentos de Castelao a Rosalía

Ademais, o EDLG realizou en colaboración co equipo da Biblioteca unha exposición sobre os álbums de guerra de Castelao e a paz lingüística. Estas actividades compleméntanse coa visita do alumnado de 4º de ESO  á exposición Castelao maxistral no Gaiás.