Información da Anpa do IES do Milladoiro-AnpaMilla:
O 14/9/18 saen publicadas as listas de libros da Xunta onde se indican os libros das materias que lle corresponden a cada alumno.
Os días 17 e 18 de setembro en horario de 17:00h a 19:00h estaremos no IES para que poidades entregar libros e solicitar libros para o vindeiro curso.
A entrega terá lugar os días 24 e 25 de setembro en horario de 17:00h a 19:00h.
Lembramos os requisitos imprescindibles para acceder o banco de libros da ANPA:
- Ser socio e estar o día no pago da cuota.
- Devolver os libros en préstamo do ano anterior.
- Aqueles alumnos que repitan curso, non terán que devolver os libros PERO deberán notificar a situación a anpa e pagar a cuota anual.
Rogamos recollan os libros concedidos na data indicada, senón perderase o dereito ós mesmos.
Nestas datas podedes renovar cuotas de socios, solicitar consignas, solventar calquera dúbida....
Un saúdo,
A xunta directiva da ANPA do IES do Milladoiro-"Anpamilla".
|
|||