A ANPA do IES do Milladoiro quere ofrecer a todo o alumnado a posibilidade de asistir á actividade extraescolar de INGLÉS. O prazo para formalizar a incrición nesta actividade remata o 11 de febreiro. Débese presentar o impreso debidamente cuberto, e pódese enviar por correo electrónico a anpadoiesdomilladoiro@gmail.com ou deixalo na caixa de correos da Anpa no IES. As clases serán os mércores de 16:30 a 17:30 e de 17:35 a 18:35 (este último horario dependerá do nivel/alumnos que se presenten), e comenzarán o 16 de febreiro para rematar o 25 de maio (1 hora semanal). Para máis información: Tel. 722383546, correo electrónico anpadoiesdomilladoiro@gmail.com ou páxina web da ANPA Aínda que o curso escolar está xa moi avanzado esperamos que esta información sexa de interese. |
|||