Encontro co profesor Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016

O pasado martes 9 de maio, catro alumnos do IES do Milladoiro, acompañados pola súa profesora de Química, tiveron o pracer de asistir a un encontro co Premio Nobel de Química 2016, Ben Feringa. Neste evento, organizado polo CIQUS, o profesor Ben Feringa alentou os estudantes a "seguir o camiño da aventura e do descubrimento" que representa a carreira da investigación. Ademais, o científico holandés participou nun amplo debate cos estudantes, que non dubidaron en preguntarlle sobre a súa carreira, as súas ideas sobre as posibles aplicacións dos seus descubrimentos ou a forma de enfocar unha carreira profesional orientada ao campo científico.