Aberto o prazo de solicitudes de bolsas de niveis postobrigatorios (universidade, bacharelato, FP e outros)

(Información obtida da seguinte ligazón)

1. PRESENTACIÓN DA TÚA SOLICITUDE A PARTIR DO 30 DE MARZO ATA O 12 DE MAIO DE 2022.  FAINO CANTO ANTES!

Aínda que non saibas que vas estudar nin que notas sacarás este curso, debes achegar algúns datos provisionais. Máis adiante poderás modificalos. Quizais che pidan, ademais, achegar algún documento: por iso, prepara o borrador con tempo suficiente.

ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA A CONVOCATORIA PUBLICARASE A PARTIR DO MES DE MAIO

MÁIS INFORMACIÓN: FP, BACHARELATO E OUTROS

MÁIS INFORMACIÓN: UNIVERSIDADE - GRAO E MÁSTER

MÁIS INFORMACIÓN: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Unha vez completada a solicitude, darache a opción de presentala. Ten en conta que:

  • Se todo está correcto, poderás descargar o xustificante como garantía da presentación da bolsa. Na sede electrónica aparecerá a mensaxe “Presentada”.
  • Se a túa solicitude queda en estado "Borrador" non poderá ser tramitada: comproba se che falta algún dato.

IMPORTANTE: debes presentar a solicitude en prazo, xa que fóra do devandito prazo non se admitirán.

2. COMPROBACIÓN DE DATOS E REQUISITOS

A Unidade de Bolsas que che corresponda comprobará se reúnes os requisitos e se os datos son os correctos. É posible que che pidan algún documento máis. Despois, o Ministerio de Educación consultará á Administración Tributaria os datos económicos para a concesión da bolsa. Por iso, cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude pode estar:

  • “En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • “En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

3. INFORMACIÓN DE SE REÚNES OS REQUISITOS ECONÓMICOS

Dende o Ministerio enviarán unha notificación ao teu cartafol “As miñas notificacións”: avisarán por correo electrónico. Na notificación informarán de se reúnes ou non os requisitos económicos. Daranche instrucións para continuar o proceso, e un prazo para que poidas entrar novamente na túa solicitude para modificar algúns datos.

IMPORTANTE: Recoméndase consultar unha vez por semana o teu cartafol de “As miñas notificacións” na sede electrónica e o correo electrónico que indicaches na solicitude.

 

Se reúnes os requisitos económicos para obter bolsa deberás cumprir outros requisitos, de tipo xeral e académico. Podes consultar cales son na páxina web do Ministerio, ou na propia convocatoria. Se non reúnes os requisitos económicos e consideras que houbo algún erro, informarante do prazo que tes para presentar alegacións.

 

 

4. MODIFICACIÓN DE DATOS ACADÉMICOS OU FORMULACIÓN DE ALEGACIÓNS

Se queres modificar datos académicos da túa solicitude ou facer alegacións, na notificación informarante do prazo (adoita ser en setembro).

IMPORTANTE: debes revisar a información de tipo académico que anotaches na túa solicitude: se variou, terás que corrixila nese prazo.

Se non reúnes os requisitos económicos, podes alegar neste prazo. Para facelo, debes entrar na solicitude, nun apartado específico para iso.

Se alegas, e ademais os teus datos académicos cambiaron, lembra que tamén debes actualizar nese mesmo prazo os datos académicos.

5. COMPROBACIÓN DOS REQUISITOS ACADÉMICOS

Se reúnes os requisitos económicos, comprobarán a túa información académica. Se cumpres todos os requisitos, asignaranche as contías de bolsa que che correspondan. Cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude estará no estado:

  • "En trámite na túa Unidade de Bolsas”, ou
  • "En trámite no Ministerio de Educación e Formación Profesional”.

6. RESOLUCIÓN DA TÚA SOLICITUDE

Comunicarán se che corresponde bolsa ou non, mediante unha notificación no teu cartafol “As miñas notificacións” da sede electrónica do Ministerio. Se non estás de acordo, poderás reclamar presentando alegacións dentro do prazo de 10 días. Se queres saber máis sobre iso, podes ir á páxina Como facer unha reclamación.

7. RECEPCIÓN DO IMPORTE DA BECA

Unha vez que recibas a notificación, aboarán na túa conta a cantidade que che corresponda. A bolsa ten unha parte fixa e outra variable, polo que é posible que recibas varios pagos. Ademais, a contía variable tamén pode dividirse en dous pagos. Ten en conta que o importe tardará polo menos unhas semanas en aboarse na túa conta desde que recibes a notificación.

8 PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA LISTA DE BOLSEIROS E BOLSEIRAS E CANTIDADE ASIGNADA

A resolución definitiva da túa bolsa non se comunicará de forma individual. Simplemente, se publicará na páxina web do Ministerio unha listaxe definitiva de bolseiros no que aparecerá a contía de bolsa que se che comunicou anteriormente.

No caso de que non aparezas na listaxe, a túa bolsa considérase denegada: xa cho notificarían anteriormente.

Ten en conta que unha vez publicada a resolución:

  • Tes un mes para partir do día seguinte desta publicación para presentar recurso administrativo.
  • Tes dous meses para presentar recurso xudicial, se non estás de acordo coa desestimación ou coas contías que se che concederon.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Preguntas frecuentes

Explicacións por vídeo

Normativa e cumprimentación