Orientación

Orientación no IES do Milladoiro durante a cuarentena por coronavirus

Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do IES do Milladoiro poderán manter a comunicación continuada para calquer tipo de consulta co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:

 

orientacion.milladoiro@gmail.com

Orientación no IES do Milladoiro durante a cuarentena por coronavirus

Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do IES do Milladoiro poderán manter a comunicación continuada para calquer tipo de consulta co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:

orientacion.milladoiro@gmail.com

Xornada de acollida

O venres 7 de xuño recibimos o alumnado que entrará en 1º de ESO o vindeiro curso.

Enquisas para 1º ESO curso 2018/2019

Enquisas para 2º ESO curso 2018/2019

Enquisas para 3º ESO curso 2018/2019

Enquisas para 4º ESO curso 2018/2019

Xornada sobre "Prevención de condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia"

O vindeiro 15 de maio o Concello de Ames e a Universidade de Santiago organizan unha xornada sobre "Prevención das condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia".

Obradoiros da ANPAMilla

A ANPAMilla, en colaboración co centro, organiza uns obradoiros para o alumnado de 4º ESO e Bacharelato. O alumnado interesado debe anotarse ata o xoves 16 de maio en Vicedirección.

Obradoiro: "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" para 1º ESO

A partir do 21 de maio a psicóloga Belén Montesa impartirá este obradoiro nas horas de titoría de cada grupo de 1º ESO.

Nin + nin -

O IES do Milladoiro foi un dos centros seleccionados pola Secretaría  Xeral de Igualdade para desenvolver a súa campaña "Nin + nin -", destinada a dar a coñecer a mulleres senlleiras e presentalas como un referente para o alumnado.

II Construíndo o meu camiño

O 12 de abril celebrouse no noso centro o segundo encontro "Construíndo o meu camiño", unha iniciativa da ANPAMilla en colaboración co IES do Milladoiro.

Reunións de orientación académica e profesional coas familias

Martes 23 de abril:

1º ESO - 17:00

2º ESO - 17:30

Obxectivos:

  • Informar da situación lexislativa actual sobre aspectos relacionados coa promoción de curso e a avaliación final.
  • Informar sobre os programas de orientación que se levan a cabo co alumnado.
  • Informar sobre a prematrícula para o curso 2019-2020 no IES do Milladoiro

Reunións de orientación académica e profesional coas familias

 

CURSO DATA/HORA
3º da ESO Martes 2 de abril ás 17:00
1º de BACHARELATO Martes 2 de abril ás 17:45
4º da ESO Martes 2 de abril ás 18:45

Campus científicos de verán 2019

Do 19 de marzo ao 1 de abril pode presentar a súa solicitude o alumnado de 4º ESO e 1º BACH. interesado en participar nos Campus científicos de verán do MEC. Máis información AQUÍ.

Guía de recursos para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero.

Como continuación dos compromisos adquiridos ao desenvolver o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, achegamos unha Guía de recursos

Teatro Foro

O alumnado de 1º ESO participará o mércores 13 no obradoiro Teatro Foro, da ACPP, dentro do proxecto Escolas sen racismo. O seu obxectivo é educar na paz, na resolución de conflitos e na solidariedade desde unha perpectiva global.

Obradoiro "A tribo"

O alumnado de 2º ESO C vai participar no obradoiro de comunicación "A tribo", que organizan conxuntamente IGASEX= e AGARESO en colaboración coa Obra Social la Caixa. Desenvolverase en tres sesións de cen minutos os días 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo.

Obradoiro de habilidades sociais e resolución de conflitos

Ao longo do mes de febreiro o alumnado de 2º ESO asistirá, nas súas horas de Titoría, a un Obradoiro de habilidades sociais e resolución de conflitos a cargo de IGASEX3. Os seus obxectivos principais son dotar o alumnado das ferramentas básicas para a adquisición e desenvolvemento das habilidades sociais implicadas nos procesos de mediación e negociación e, por outra banda, fomentar a expresión das emociónss e sentimentos para resolver os conflitos de maneira asertiva e positiva.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato - Charla da USC

O martes 29 de xaneiro recibimos no centro a profesora da USC Carolina Torrón, quen informou ao alumnado de 2º de Bacharelato das características dos estudos universitarios. Esta actividade compleméntase coa visita á USC o 12 de febreiro e coas outras actividades de Orientación para 2º de Bacharelato.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato - Charla de exalumnas do centro

O venres 25 de xaneiro tivemos o pracer de ter outra vez con nós a Paula, Carmen e Patricia, que remataron os seus estudos no centro o curso pasado. Compartiron co estudantado de 2º BAC  a súa experiencia das probas ABAU, da toma de decisións académicas, das inquedanzas propias do último curso de Bacharelato e dos seus primeiros meses como estudantes universitarias. Grazas por compartir con nós tantas cousas, mozas!

Programa de educación afectiva-sexual en 1º e 3º ESO. Reunión coas familias.

Convocamos as familias do alumnado de 1º e 3º de ESO a unha reunión informativa sobre o Programa de educación afectiva-sexual que se desenrolará no centro en febreiro. A reunión coas familias terá lugar o martes 29 de xaneiro ás 18.30.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato

IV Olimpíada de Convivencia

Obradoiro: "Youtubers polo cambio social"

O xoves 20 de decembro rematamos o obradoiro de "Youtubers polo cambio social", froito da colaboración do noso centro coa ACPP e AGARESO. O alumnado de 2º e 3º ESO PMAR tivo a oportunidade de coñecer esta ferramenta para a concienciación crítica. Puido, ademais, realizar o seu propio vídeo. Estamos desexando velos!

IV Olimpíada de convivencia

Charla informativa sobre o "Protocolo de igualdade, non discriminación e liberdade de identidade de xénero"

A ANPA Milla invita as familias do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato a unha reunión informativa sobre o  "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero" o martes 18 de decembro ás 19:30 no salón de actos do IES do Milladoiro.

Obradoiro de prevención de condutas adictivas: reunión coas familias.

O martes 18 ás 18:30, no salón de actos do IES do Milladoiro, a psicóloga Belén Montesa dará a coñecer ás familias do alumnado de 2º e 4º de ESO o informe realizado tras o "Obradoiro de prevención de condutas adictivas" levado a cabo nestes cursos coa colaboración do Concello de Ames.

Obradoiro de relacións igualitarias

Dentro das actividades organizadas arredor do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o departamento de Orientación do noso centro organizou un "Obradoiro de relacións igualitarias" para 4º ESO, realizado por membros da ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz). Por indisposición da ponente, o venres 30 de novembro só puido realizarse con 4º ESO A. Os restantes grupos participarán neste obradoiro en canto sexa posible.

Segunda sesión do EPD_Lab

Continúa a andaina neste curso do Laboratorio de educación para o desenvolvemento que AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) leva a cabo no noso centro, este ano con 2º ESO D.

Distribuir contido