A iniciativa da Anpa do IES do Milladoiro, AnpaMilla, "Construíndo o meu camiño" acadou un grande éxito ao poñer en contacto o noso alumnado con profesionais de moi diferentes áreas. Agardamos continuar colaborando para darlle continuidade nos vindeiros cursos!
Dentro do ciclo Espazos para reflexionar, a Anpa do IES do Milladoiro Anpamilla organiza a charla "Establecendo vínculos", que será impartida pola Dra. Magdalena Seco (Centro de Saúde do Milladoiro), o vindeiro mércores, 7 de febreiro, ás 17:30 no Salón de Actos do Instituto.
O Centro de Información á Muller (CIM) do concello de Ames leva a cabo no noso centro o obradoiro O bo tratodesde o luns 23 de xaneiro. Está conformado por catro sesións: dúas impartidas pola formadora especializada en educación emocional, Aixa Permuy, e outras dúas impartidas polas titoras e titores de cada grupo. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO dos centros de educación secundaria amesáns, o obradoiro busca ser un espazo de reflexión sobre as maneiras nas que as mozas e mozos viven as súas relacións persoais no día a día.
O alumnado de 2º de ESO A participará o martes 23 de xaneiro no obradoiroDesmontando prexuízos de AGARESO. O xoves 25 participará 2º ESO C e o martes 30 2º ESO D, E. A participación de 2º ESO B vai incluída no EPD_Lab.
AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) continúa co seu Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento en colaboración co noso centro. Aquí podemos acceder aos traballos de decembro.
Neste enlace podemos acceder ao resultado da segunda sesión de traballo, que versou sobre o sexismo nos medios de comunicación. O Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento é unha iniciativa da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) na que o IES do Milladoiro participa nun traballo conxunto con outros catro centros galegos.
A Nova Escola Galega, en colaboración co Concello de Ames, organiza unha charla-debate sobre Redes sociais e mocidade, o mércores 13 de decembro ás 17:30 no IES do Milladoiro.
O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 ás 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade "A educación a debate" organizada polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) que ao longo de todo o curso tratará temas de interese para toda a comunidade educativa.
Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 2º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 28 de novembro a partir das 19:00.
Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 4º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará noSalón de Actos do Instituto o vindeiro martes 21 de novembro a partir das 19:00.
Este ano a Escola de pais abarca a toda a comunidade educativa do Milladoiro, grazas á implicación no proxecto da ANPA Milla do IES do Milladoiro e das ANPAS da EI A Galiña Azul Figueiras-Ames, da EI Municipal A Madalena, da EEI Millapeques e Anpa As Brañas ( CEIP Ventín ).
O IES do Milladoiro en colaboración co Concello de Ames vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. Convócase ás familias ás seguintes reunións informativas:
Xoves, 2 de novembro: familias de 2º e 4º da ESO ás 19:00 horas
Martes, 21 de novembro: familias de 4º da ESO ás 19:00 horas
Martes, 28 de novembro: familias de 2º da ESO ás 19:00 horas.
O sábado 28 de outubro a profesora María López participou nas II Xornadas da Diversidade celebradas na EGAP de Santiago. Explicou as medidas adoptadas no noso centro para garantir unha convivencia saudable e previr o acoso escolar.
Non é a primeira vez que profesorado do noso centro é convidado a participar como relator, pola nosa experiencia, en xornadas relacionadas con estes temas.
A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou unha sinxela guía para as familias para orientalas ante o acoso escolar. Pode verse no arquivo adxunto.
O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.
O alumnado novo no centro dos restantes cursos e as súas familias están convocados a outra reunión, o venres 8de setembro ás 18.00 no Salón de Actos do centro.
Por segundo ano consecutivo, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolveu no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), organizado en 8 obradoiros que se realizaban cada mes en 2 sesións de 50´ e que, neste curso, estivo dirixido ao grupo de 2º ESO C. O alumnado, organizado en pequenos grupos, construíu as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social.
O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.
Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.
A Olimpíada de Convivencia pretende que o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!
O IES do Milladoiro participou o sábado 27 de maio no "I Foro de Educación do Faro de Vigo" celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Concretamente, participou no obradoiro do programa TEI para contar a súa experiencia como referencia en centros de secundaria.