Información importante do Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación irá subindo á páxina web do centro no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/86 os recursos que pensamos que poden ser útiles para o alumnado e familias neste período de corentena.

 As dúbidas e consultas serán atendidas no correo electrónico que vos facilitamos a continuación: orientacion.milladoiro@gmail.com. No corpo do correo debe ir a seguinte información: Nome e Apelidos do alumno/a+Curso + Nome do profesor/a ao que vai destinado (Ana/Vanesa/Anxo).

Este mesmo correo está a disposición de todas as familias e alumnado para que nos poidan consultar o que precisen.

  • Aquel alumnado, que estando matriculado no centro, ten concedida outro tipo de escolarización, seguirá o mesmo proceso de comunicación que ata agora.
  • O alumnado que ten concedida a Exención de Francés en 1º e 2º da ESO pode utilizar os recursos que deixaremos aquí colgados. Por suposto, teñen prioridade todas as actividades das vosas materias, todo o material que vos deixan os/as profesores/as tanto na aula virtual como na web.
  • O alumnado de Adquisición de Linguas (Inmersión) ten a súa disposición: