Xornada Coloquio de Orientación Vocacional. dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato

O 9  de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron  distintos profesionais que  compartiron  a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos

A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:

  • 16:30h. Breve charla sobre itinerarios conducentes a estudos universitarios. desenvolvida por Pablo Taboada Antelo, doutor en Física da  USC. e que xirou  sobre a formación na universidade e oferta formativa da USC. Vinculacións estudos
  •  17:00h. Mesa coloquio: na que participaron convidados con formación en distintas áreas de coñecemento, e que falaron desde a súa experiencia persoal sobre os estudos que os levaron ás profesións que exercen; a relación coas expectativas que tiñan; se foi a súa primeira opción ou unha alternativa; formas diversas de chegar a postos como o seu ou outros relacionados co seu traballo. De maneira que poida ser inspirador e orientador para o alumnado na súa próxima toma de decisións e comezo de proxecto de carreira persoal.
  •  17:30 h. Conversa co alumnado. Momento no que os alumnos e alumnas fixeron as súas preguntas e compartiron  inquedanzas cos convidados

 

Convidados mesa redonda:

  • Carmen Pampín: é licenciada en Química, fixo doutoramento e traballa en GalChimia S.A., compañía galega dedicada a síntese química aplicada a I+D, empresa que fundou e sita en Touro . QUÍMICA. CIENCIA
  • Iria Rodriguez Arias. Directora Técnica de Nanogap, empresa dita en Milladoiro que se constitúe no 2006 como start-up do grupo Nanomag da Universidad de Santiago de Compostela, co fin de producir e comercializar nanopartículas, así como colaborar co desenvolvemento de novos materiais basados nas propiedades que ofrece a nanotecnoloxía. INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  • Carmela Vaamonde Calviño: naceu no Milladoiro, é ex-alumna do centro e graduada en PEDAGOXÍA. CIENCIAS SOCIAIS.
  • Marta Vega Lorenzo: letrada da Xunta de Galicia e licenciada, así mesmo, graduada tamén en Psicoloxía, área na que tamén exerceu. DEREITO. CIENCIAS XURÍDICAS
  • Daniel Suárez Sóñora: naceu no Milladoiro, é ex -alumno de Ventín e graduado en Farmacia. Traballa na farmacia que está situada na praza Manuel Murguía no Milladoiro. FARMACIA. CIENCIAS DA SAÚDE

A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Enma Araujo, periodista de "La Voz de Galicia"

Estas xornadas foron obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazón ao artigo de "La Voz de Galicia", adicada ás mesmas:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2023/05/10/coloquios-inspirar-vocaciones-estudiantes-mayores-ies-do-milladoiro/00031683725112800856363.htm