Visita ao CIQUS

O pasado mércores 21 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º bacharelato puideron desfrutar coa visita ás instalacións do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC) e participar nunha actividade dirixida que trata de achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.

No seu laboratorio de Química os propios alumnos e alumnas realizaron un experimento de síntese, supervisados por persoal especializado, puideron visitar as instalacións que albergan algúns dos sofisticados equipos que se empregan para a análise e estudo estrutural e desfrutaron dun agradable encontro cun investigador que lles relatou a súa experiencia na carreira investigadora.


 

 

 

CiQUS