Proxecto AQUA

Neste curso escolar, todo o alumnado de 2º da ESO do IES do Milladoiro participa, desde o Departamento de Física e Química, no proxecto “AQUA” organizado pola fundación Ibercivis en colaboración co FECYT (Fundación Española da Ciencia e da Tecnoloxía).
O obxectivo xeral deste proxecto de ciencia cidadá é controlar a calidade da auga que se bebe nas casas ao longo de todo o territorio estatal.
Grazas aos kits recibidos, os nosos xoves científicos e científicas de 2º da ESO, son os encargados de facer os experimentos necesarios para investigar sobre a calidade da auga da billa na localidade de Milladoiro e aportar a información recada á base de datos xeral. A ver que nos poden contar!

 

Proxecto AQUA