Obradoiro: OPS! Falamos portugués.

O alumnado de 4º ESO participou o 7 de febreiro no obradoiro "OPS! Falamos portugués. O portugués simples", unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura. O alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a relación entre galego e portugués e as vantaxes que isto supón á hora de comunicarnos, tendo en conta a extensión da lingua portuguesa no mundo.