Encontros con autores: Cándido Pazó

Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras,  d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato. O mércores 20 de marzo tivo lugar o encontro co escritor, que explicou a xénese desta obra e a súa intención de abordar a temática da violencia de xénero.