Biblioteca

EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NOVAS ADQUISICIÓNS

SAMAÍN

24 DE OUTUBRO, "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

CLUBS DE LECTURA

FORMACIÓN DE USUARIOS

XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE AMES

O pasado 15 de marzo, celebrouse na biblioteca do IES do Milladoiro a 8ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Asistiron representantes das bibliotecas do CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e IES Plurilingüe de Ames, e, ademais da posta en común das actividades realizadas nas respectivas bibliotecas, acordamos continuar coa creación dun fondo de recursos locais pedindo colaboración ao Concello, realizar unha publicación conxunta a final de curso, elaborar unha guía de recomendacións literarias para o verán e realizar actividades de lectura compartida para dinamizar os clubs de lectura. Esta xuntanza súmase á realizada no 1º trimestre no CEIP A Maía para organizar as recomendacións da guía de lectura de Nadal.

APERTURA DA BIBLIOTECA UN MÉRCORES AO MES: OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS E SESIÓN DE BANDA DESEÑADA

O mércores 15 de marzo, dende as 17:30 até as 18:30 hrs, desenvolverase na biblioteca un “Obradoiro de marcapáxinas” e un “Curso de banda deseñada”. Consulta máis información na biblioteca e anímate a participar, a inscrición é gratuíta.

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA PARA INCENTIVAR O FUNCIONAMENTO DOS CLUBS DE LECTURA [CURSO 2016/2017]

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública o día 30 de decembro de 2016 no Portal Educativo a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario para o curso 2016/2017. O noso IES volve estar incluído.

TEXTO DA RESOLUCIÓN

PROGRAMA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS" [CURSO 2016-2017]

A Biblioteca do IES do Milladoiro vai poñer en marcha a figura do voluntariado na biblioteca escolar, segundo a resolución publicada o luns 7 de novembro de 2016,  da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2016-2017. O programa inclúe outra acción na que tamén participará a nosa biblioteca, o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".

Consulta a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2016/2017. [Máis información]

 

                                                                  

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

APERTURA DA BIBLIOTECA UN MÉRCORES AO MES

O mércores 30 de novembro abrirá as súas portas A nosa biblioteca cunha sesión do club de lectura de banda deseñada dinamizada por un alumno de 3º ESO. A reunión terá unha hora de duración e comezará ás 16:30 h. Achégate a coñecer de preto a banda deseñada e a biblioteca do teu centro.

 

AS NOVAS DA NOSA BIBLIOTECA

Comeza un NOVO CURSO e xa temos NOVOS CLUBS DE LECTURA e NOVOS USUARIOS BEN FORMADOS

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER  AO BLOG DA NOSA BIBLIOTECA


RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/2017

Na ORDE do 13 de outubro de 2016 (publicada no DOG do 26 de outubro de 2016) resólvese a Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17. O IES do Milladoiro foi seleccionado entre os 38 centros que se incorporan ao Plan de mellora de B. E. para o curso 2016/17 (Orde do 23 de maio de 2016).

 

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA

    Noraboa a toda a Comunidade educativa polo seu apoio, e... A LER, A SEGUIR TRABALLANDO E A DESFRUTAR DA BIBLIOTECA!

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

OBRADOIRO DE RADIO DO IES DO MILLADOIRO

DÍA DO LIBRO: IV CENTENARIO DE W. SHAKESPEARE

Este curso conmemoramos o cuarto centenario do falecemento dun dos escritores máis eloxiados da lingua inglesa: William Shakespeare.

TARDE DE MÉRCORES NA NOSA BIBLIOTECA CON XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ

APERTURA DA BIBLIOTECA UN MÉRCORES AO MES: ENCONTRO CO AUTOR XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ

O mércores 27 de abril ás 17:00 h teremos un encontro co autor Xavier López Rodríguez na nosa biblioteca. O autor de Noitebra (2000, narrativa xuvenil) e O aliado inesperado (2005, narrativa xuvenil) manterá unha charla cun grupo de alumnos/as, familias e profesorado e será unha oportunidade para achegármonos e coñecer máis de preto a súa traxectoria literaria e o oficio de escritor. Non a perdades, estades todos convidados.

XUNTANZA DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE AMES

O mércores 13 de abril, tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro a 6ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Nesta ocasión, ademais dos habituais responsables das bibliotecas da contorna, asistiron  representantes da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o Concelleiro de Cultura e o responsable da Biblioteca Municipal de Milladoiro.  A creación dun fondo de recursos locais nas nosas bibliotecas, que permita realizar traballos colaborativos sobre a nosa contorna social, e a especialización das bibliotecas nunha temática, que facilite o préstamo interbibliotecario e a optimización dos nosos fondos bibliográficos, foron algunhas das propostas que centraron esta xuntanza.

RELACIÓN DE CENTROS ADHERIDOS Á INICIATIVA "VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

A Biblioteca do IES do Milladoiro vén de adherirse á iniciativa “Voluntariado na Biblioteca Escolar”, convocado polo Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. O alumnado que realice un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na nosa Biblioteca recibirá, ao final de curso, un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O ALUMNADO DE 1º E 2 º DE BACHARELATO B NA SESIÓN MATINAL DE CINE DA SALA NUMAX

O alumnado de 1º B e de 2º B de Bacharelato desfrutou dunha sesión matinal de cine na sala Numax, de Santiago. A saída foi organizada pola Biblioteca do Instituto e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais. O filme escollido foi Suffragettes (Sara Gavron, 2015), sobre o nacemento do movemento sufraxista en Inglaterra, nos anos inmediatamente anteriores ao estoupido da I Guerra Mundial. A película, que está a ter unha magnífica acollida de público e crítica, foi visionada en versión orixinal subtitulada en castelán. Na Biblioteca do IES do Milladoiro pódese ler unha novela gráfica relacionada con esta cuestión histórica e de actualidade: Mary M. Talbot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot (2015): Sally Heathcot: Sufragista, Barcelona, Ediciones La Cúpula.

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE CLUBS DE LECTURA PARA O CURSO 2015-2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública o día 22 de decembro no Portal Educativo a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario para o curso 2015/2016.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

O pasado mércores 16 de decembro a biblioteca do IES do Milladoiro abriu as súas portas para dar a coñecer ás familias as diversas actuacións que se teñen levado a cabo na biblioteca durante o primeiro trimestre. Trátase da segunda ocasión na que se invita ás familias a coñecer e facer suxestións e aportacións sobre o funcionamento e organización da biblioteca.

 

                

 

PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS CURSO 2015-2016

A Biblioteca do IES do Milladoiro vai poñer en marcha a figura do voluntariado na biblioteca escolar, segundo a resolución publicada o xoves 10 de decembro pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2015-2016. O programa inclúe outra acción que pode ser de interese tamén para a nosa comunidade educativa, o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".

CHARLA NA BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves 26 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato asistiron na Biblioteca a unha charla sobre a relación dos estereotipos e roles de xénero co inicio da violencia de xénero. A charla estivo a cargo de Mabel Pérez Simal, Técnica educativa e Secretaria da Muller e Políticas de Igualdade de Comisións Obreiras en Galicia. Encabeza tamén na Comunidade a Fundación Paz e Solidariedade.

I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en A NOSA BIBLIOTECA

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o  25 de novembro de 2015, A nosa Biblioteca organiza o I Concurso  de Carteis  contra a Violencia de Xénero, dirixido a alumnos de ESO e BACHARELATO. 

CONSULTA AS BASES DO CONCURSO NESTE ENLACE

 

ACTIVIDADES SAMAÍN

  • O mércores 28 de outubro os alumnos de 3º ESO e 4º PDC asistiron á actuación do contador de contos en galego Celso Sanmartín. Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e polo Equipo da Biblioteca.

Celso Sanmarín

 

  • O xoves 29 de outubro os alumnos de 2º ESO D desprazáronse ás aulas de 1º ESO para facer unha lectura dramatizada de breves fragmentos de terror seleccionados e preparados polos Departamentos de Lingua galega e Lingua Castelá e os alumnos de 1º ESO leron relatos de terror na Biblioteca preparados durante as clases de Lingua galega e Lingua Castelá. Velaquí unhas mostras destas actividades:  

 

 

ACTIVIDADE APERTURA BIBLIOTECA: "THE GRUFFALO"

Como inicio da actividade da Biblioteca do centro, o pasado 9 de outubro o alumando de 1º de E.S.O. participou na lectura da obra de literatura infantil "The Gruffalo", libro escrito pola autora británica, Julia Donaldson. A historia do rato e o seu paseo polo bosque foi contada por Laura Calvo e Carmen Lago, contacontos de GOLA "The Toy Library". 

 

 

ACTIVIDADE DE APERTURA DA BIBLIOTECA: CONTACONTOS EN INGLÉS "THE GRUFFALO"

O venres 9 de outubro os alumnos de 1º ESO asistirán na biblioteca ao CONTACONTOS EN INGLÉS “THE GRUFFALO”

  • 5ª HORA 1AB
  • 6º HORA 1CD

Biblioteca. Lecturas para o verán 2015

A Rede de Bibliotecas Escolares de Centros Públicos do Concello de Ames ven de preparar unha guía de lecturas para este verán. Seguro que atopas algún libro que sexa do teu interese.

               
Distribuir contido