PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS CURSO 2015-2016

A Biblioteca do IES do Milladoiro vai poñer en marcha a figura do voluntariado na biblioteca escolar, segundo a resolución publicada o xoves 10 de decembro pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2015-2016. O programa inclúe outra acción que pode ser de interese tamén para a nosa comunidade educativa, o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016

Na imaxe podes consultar toda a información sobre Bibliotecas Escolares Solidarias [2015-2016].