Biblioteca

Obradoiro de manuscritos medievais

Dentro das actividades programadas pola Biblioteca do IES do Milladoiro pola Semana do libro, o Departamento de Xeografía e Historia organizou un Obradoiro de manuscritos medievais para o alumnado de 2º de ESO. A profesora da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, Mercedes López Mayán, explicou como se realizaban os manuscritos na Idade Media e foi guiando o noso alumnado na elaboración dos seus propios manuscritos ao modo medieval.

DÍA DO LIBRO na Biblioteca

A Biblioteca do IES do Milladoiro organiza durante todo o mes de abril a actividade CITA A CEGAS NA BIBLIOTECA, consistente en acudir á biblioteca para pedir en préstamo lecturas sorpresa clasificadas por categorías: 1º e 2º ESO/ 3º ,4º de ESO e BACH/ Profesorado. 

Ademais, para conmemorar o Día do libro, terán lugar distintas actividades:

V Xornada gastronómica francesa e de cociñas do mundo

O 17 de abril o Departamento de Francés, en colaboración coa Biblioteca do centro, celebrou a V Xornada gastronómica, con gran éxito de participación. O xurado, composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente, tivo moi difícil repartir os premios. Queremos agradecer a colaboración das familias e do alumnado participante.

Maleta da igualdade

O Departamento de Lingua Galega realizou co alumnado de 4º de ESO D unha actividade de busca de información e reflexión. Para ela,  utilizaron o contido da "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Igualdade que a biblioteca do centro ten en préstamo ata o próximo martes 17 de abril.

 

Maleta da igualdade II

Obradoiro de xornalismo

Grazas á colaboración do Colexio de Xornalistas de Galicia, o alumnado de 4º ESO A e 3º ESO B e C tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de xornalismo o venres 23 de marzo. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca do centro.

Maleta da igualdade

Do 21 de marzo ao 17 de abril a Biblioteca contará en préstamo coa "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dun conxunto de 42 obras de diversos xéneros que supoñen un recurso para traballar nas aulas temas como a corresponsabilidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a violencia de xénero, a identidade, a historia das mulleres... Hoxe achegáronse a ela os primeiros grupos de 2º de ESO a través dun xogo de "Caza do tesouro".

21 de marzo: Día Mundial da Poesía

A Biblioteca do IES do Milladoiro celebra o Día Mundial da Poesía cunha exposición de HAIKUS elaborados polo alumnado de Lingua Castelá e Literatura.

Campaña de recuperación de libros non devoltos ou extraviados

A Biblioteca do IES do Milladoiro inicia unha campaña de recuperación dos libros no devoltos para a que se solicita a colaboración das familias.

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro entregáronse os premios do II Concurso Literario "A nosa biblioteca", convocado para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Os gañadores foron Mario Mosquera Gómez (2º ESO PMAR ) e Nathalie Valera Vargas (4ºESO A). Parabéns!

Expometeoro

O desenvolvemento do plan proxecta O Laboratorio do ClimaDoiro e a colaboración da Biblioteca do IES do Milladoiro fan posible que, dende o 8 ao 29 de xaneiro, o noso alumnado poida acceder á exposición Expometeoro, realizada por MeteoGalicia.

Festival de curtametraxes

A Biblioteca do IES do Milladoiro organiza a participación do noso centro na V edición de El día más corto, festival internacional de curtametraxes. Os alumnos de 1º de ESO desfrutarán  deste evento o día 21 de decembro a partir das 12: 50.

II CONCURSO LITERARIO "A NOSA BIBLIOTECA"

Co motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que terá lugar o martes 30 de xaneiro de 2018, a Biblioteca do IES do Milladoiro organiza o seu II Concurso literario baixo o título "TEXTOS EN PAZ", dirixido a todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Bases neste enlace.

Conmemoración da Declaración dos Dereitos Humanos

A Biblioteca do IES do Milladoiro celebrou o luns 11 de decembro o 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos cunha lectura plurilingüe deles e a exposición de Amnistía Internacional Os dereitos humanos e a pintura.

Exposición: Á violencia de xénero dille NON!

Do 1 ao 18 de decembro poderemos ver, organizada pola Biblioteca do centro, a exposición da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia Á violencia de xénero dille NON! Cun formato de banda deseñada e unhas mensaxes sinxelas e claras, amosa comportamentos discriminatorios presentes nalgunhas  relacións afectivas e sociais e que son un sinal incipiente de violencia machista.

Mes da ciencia en galego na biblioteca do IES do Milladoiro

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Con tal motivo, a biblioteca do IES do Milladoiro ten organizado:

  • Exposición dedicada á figura do docente, botánico e metereólogo Baltasar Merinos. Traballos de investigación do alumnado de ciencias.
  • Exposición no exterior da biblioteca: A pegada e a débeda ecolóxica en Galiza.
  • Mostra e difusión dos fondos científicos recentemente adquiridos.

 

Obradoiro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Reunión de Bibliotecas do Concello de Ames


O pasado martes 21 de novembro tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas dos centros públicos do Concello de Ames para intercambiar experiencias e proxectos.

25 N: En negro contra as violencias

     O IES do Milladoiro súmase á campaña En negro contra as violencias que busca poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia contra as mulleres en vésperas do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres (25 de novembro).

A NOSA BIBLIOTECA: OS SEUS RECURSOS E ESPAZOS

A biblioteca do IES do Milladoiro dispón dun espazo duns 100 m², ademais dun espazo exterior usado frecuentemente para exposicións de traballos do alumnado, charlas sobre as exposicións realizadas por algún departamento, reunións dos clubs de lectura etc. Ofrece servizos de préstamo a domicilio, en sala, ás aulas e aos departamentos. Estamos aumentando o volume de fondos de consulta, tanto científicos e literarios como subscricións (revistas e xornais), DVD, recursos electrónicos etc. Conta con zona de postos informáticos para traballos por proxectos, preparación de actividades etc. É tamen un lugar para reunións e formación do  profesorado: no curso 16/17 impartiuse na biblioteca unha formación sobre "Aprendizaxe por proxectos" ao coidado da profesora Luz Paramios.

Nos cursos 16/17 e 17/18 foinos concedido, por parte da Consellería de Educación, o programa Plambe (Plan de mellora de bibliotecas escolares).

Samaín 2017

Día das bibliotecas no IES Milladoiro

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.  FOTOS

 

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

NOVA REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS DA CONTORNA

O mércores 26 de abril as Bibliotecas da contorna de Ames reunímonos novamente, nesta ocasión na EEI do Milladoiro, para concretar o formato, contidos e espazo necesario para a publicación da 1ª Revista anual das bibliotecas da contorna, coordinármonos na elaboración da guía de verán e pór en común os traballos realizados para continuar avanzando na creación dun fondo de recursos locais. Velaquí unha mostra gráfica do noso encontro:

8 DE MARZO-DÍA DA MULLER

DÍA DE ROSALÍA

REUNIÓN EQUIPO DA BIBLIOTECA

AMOR NA BIBLIOTECA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA BIBLIOTECA

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

CHARLA SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA

Distribuir contido