25 N: En negro contra as violencias

     O IES do Milladoiro súmase á campaña En negro contra as violencias que busca poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia contra as mulleres en vésperas do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres (25 de novembro).

     Con tal obxectivo, son varias as actividades que se desenvolverán no centro:

  • Obradoiro: Día contra a violencia de xénero (XOVES 23)
    • Organizado pola Biblioteca do centro e impartido por AGARESO
    • 2º ESO A / 12: 50-14:30
  • Obradoiro: A xestión do consentimento e as relacións afectivo-sexuais en mozos e mozas  (VENRES 24)

                 - Programa do Concello de Ames para a igualdade e a prevención da violencia de xénero
                 - 3º de ESO

                 - Salón de actos do IES do Milladoiro
  •  Participación nos actos do concello con motivo do día contra a violencia de xénero

                 - 1º Bach. B  (alumnado de grego) / 11:40 - 12: 50

  • Exposición DATAS TRÁXICAS, organizada pola Biblioteca do centro en colaboración coa Biblioteca A Esperela do IES Mosteirón (Sada)

 

 

  • Dámos a cara contra a violencia de xénero: reflexión e photo call sobre os lemas da campaña