Seguimento das materias do departamento de Tecnoloxía durante a suspensión da actividade lectiva

As materias que dependen deste departamento: Tecnoloxía, TIC, Iniciación á Programación, Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia seguirán funcionando a través dos cursos da aula virtual, como ata agora, durante a suspensión temporal da actividade lectiva.

Ante calquera dúbida, o alumnado debe utilizar o sistema de mensaxería das aulas virtuais. Deben ver tamén os foros creados para o seguimento das clases durante esta suspensión temporal da actividade lectiva.