Cara a onde queremos ir? Ao son da convivencia

Este venres desenvolverase no noso centro unha nova actividade, dentro do seminario "Ao son da convivencia". Trátase da sesión "A onde queremos ir?", na que se pretende coñecer un exemplo de boas prácticas procedente de Euskadi. Lur Olabarri (orientadora da eskola de Otxandio), Nagore Aguirrebeitia (directora do centro) e Íñigo Ramos (coordinador de orientación pedagóxica) veñen ao IES do Milladoiro a amosarnos o seu proxecto educativo, que recentemente acaba de ser recoñecido co premio Joxe Mari Auzmendi. O faladoiro versará sobre convivencia e boas prácticas no contorno da comunidade educativa.