Benvida
Historicamente, o Instituto de Ensino Secundario Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela veuse caracterizando como unha das comunidades educativas máis inquietas do país, na procura da mellora e da innovación pedagóxicas e na experimentación de novas vías de transmisión cultural e de comunicación social, así como na normalización da lingua propia.
Nesta liña é onde debemos enmarcar a presente páxina web, como unha canle máis que nos brindan as novas tecnoloxías para a interrelación dos estamentos que compoñen a nosa comunidade escolar, así como a desta coa sociedade na que se insire e á que serve como centro educativo.
Nas diferentes seccións en que se estrutura, poderase topar desde a información administrativa fundamental, os calendarios oficiais do curso, pasando polos horarios da actividade pedagóxica, os períodos de atención aos pais e nais, até a configuración dos equipos docentes, os libros de texto, as actividades complementarias, os enlaces de interese...
Desde o Instituto Xelmirez, comprometidos como estamos co ensino público compostelán, querémosvos animar a participar activamente nesta nova plataforma de comunicación educativa.
O DIRECTOR
A Pegada do coñecemento. Mostra sobre a biblioteca antiga
Enviado por admin o Lun, 16/04/2018 - 14:15A BIBLIOTECA HISTÓRICA DO XELMÍREZ
Inauguración o mércores 18 de abril, ás 11:15 horas
Casa do Cabildo. Consorcio de Santiago
Últimas actualizacións
Enviado por admin o Lun, 16/04/2018 - 14:12Listaxes provisionais de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas para o curso 2018-2019
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 16:17Xornadas Xosé Calviño 2018
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 11:02CIBERCONVIVENCIA POSITIVA: EDUCANDO EN REDE
MARTES, 17 DE ABRIL
18:00 INAUGURACIÓN
18:30- 20:30 JAVIER GARCÍA BARREIRO “Cibermentoría. Educando en CIBERdade, enREDando En liberdade”
Saída a Vigo
Enviado por admin o Sáb, 31/03/2018 - 14:17O mércores 21 de febreiro, o alumnado de 1º BACH e os profesores María Fraga, Fran Lestón, Cecilia Pensado e Manuel Portas, fomos ao Museo do Mar de Vigo co motivo da exposición do Pergamiño Vindel, esa xoíña da nosa lírica medieval que veu visitarnos desde Nova York. Foi un día inesquecible!
Proceso de admisión curso 2018-2019
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 17:10Calendario de Probas de acceso a ciclos 2018
Enviado por admin o Mér, 07/02/2018 - 18:51Roteiro literario por Trasalba, Ourense e Celanova.
Enviado por admin o Ven, 02/02/2018 - 00:40O pasado 18 de xaneiro, o alumnado de 2º BAC do IES Xelmírez I realizou unha roteiro literario que percorreu as terras de Trasalba, onde se visitou a Fundación Otero Pedrayo e os arredores da casa natal do escritor. Logo o camiño levounos a Ourense, onde agardaba o roteiro de A Esmorga. Por último, a parada foi en Celanova, na Casa dos Poetas (Curros e Celso Emilio), ademais do mosteiro de San Rosendo. Neste último, tivemos ocasión de achegarnos á cela onde estivo encarcerado Celso Emilio, así como coñecer a biblioteca histórica do instituto da vila.
Xuntanzas literarias
Enviado por admin o Sáb, 14/10/2017 - 18:15Comeza o curso e retomamos as xuntanzas literarias no IES Xelmírez I. O club de lectura "Palabras compartidas" volverá reunirse o xoves 16 de novembro, ás 18:30 horas, para comentar a novela O anxo negro, de Manuel Gago. Acompañaranos o autor e a participación está aberta a toda a comunidade educativa (familias, persoal non docente, profesorado...)
