Skip to Content

Jorge Sálamo convocado pola Selección Española Sub17

O noso alumno Jorge Sálamo, xogador da SD Compostela, foi convocado pola Selección Española de Fútbol Sub17 para xogar en Malta un torneo clasificatorio para o europeo da categoría. No torneo, Sálamo competirá con España contra as seleccións de Malta (25/10), Macedonia do Norte (28/10) e Eslovaquia (31/10).

Moita sorte Jorge!

 

Clubs de lectura, curso 2023-2024

 

O alumnado interesado en formar parte dun club de lectura pode apuntarse na biblioteca.

Máis información, aquí: Información

 

 

 

Horario da biblioteca, curso 2023-2024

Para ver o horario da biblioteca, preme nesta ligazón: Horario

Conversa co fotoxornalista Gabriel Tizón

Nestes tempos convulsos nos que a verdade é incapaz de atopar morada concreta, precisamos respostas que nos axuden a interpretar unha realidade cada vez máis complexa.Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) é un fotógrafo documental que estivo traballando en máis de sesenta países, contando coa súa cámara conflitos bélicos, migracións forzadas ou crises medioambientais. A mirada de Tizón céntrase arredor dos seres humanos e nas consecuencias das súas obras.

 

Decálogo de bo uso da biblioteca

Para ler o decálogo de bo uso da biblioteca, preme nesta ligazón: Decálogo de bo uso.

Catálogo en liña da biblioteca

Aquí podemos consultar o catálogo en liña da nosa biblioteca:

 

Blog da biblioteca

Aquí podemos consultar o blog da nosa biblioteca: Blog

 

Conmemoración do Día Europeo das Linguas

Na tarde do pasado martes, un grupo de 11 alumnas e alumnos do noso centro participaron nun recital no Museo das Peregrinacións para conmemorar o Día Europeo das Linguas.

Presentación da novela "Poder non é querer" da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar

 

Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa do IES  Arcebispo Xelmírez I á presentación da novela Poder non é querer da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar, publicada por Galaxia. O acto terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de setembro, ás 18 horas na nosa biblioteca. 

Viaxe de intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo.

 

Lara, Vera, Candela e Enrique, alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro, atópanse nunha viaxe de intercambio desde o día 4 ao 24 de setembro na Nadderud Videregående Skole de Oslo.

O vindeiro mes de xaneiro recibiremos nas nosas aulas ás catro alumnas norueguesas que estes días exercen de anfitroas.

Distribuir contido


by Dr. Radut