Skip to Content

O que seria da língua portuguesa sem ti

Neste dia especial, 10 de Junho, em Portugal comemoramos a triplicar: o Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas.

Nas turmas de Português do Xelmírez I, aproveitamos a data para partilhar com vocês uma lembrança que marca a chegada ao final deste ano letivo 2023/2024. Trata-se de um cartaz feito com fotos de estudantes e professoras de língua portuguesa, imitando a célebre foto de Saramago, outro grande escritor, que, para além do prémio Nobel, também ganhou o Prémio Camões (em 1995), o mais importante galardão literário da língua portuguesa.

Acrescentamos ainda que o fundo de cortiça não é aleatório.  

Quem nunca utilizou um quadro de cortiça para pendurar uma nota importante, da qual não nos podemos esquecer?

Para além de a cortiça estar intimamente relacionada com Portugal, o seu maior produtor, este caraterístico produto natural remete-nos para a ecologia e continua a ser muito utilizado na vida quotidiana dos portugueses. 

Feliz dia de Portugal!

Biblioteca solidaria

bibliotecas escolares solidarias

Forma parte do cambio

INTRODUCIÓN: 

Como vimos amosando en anos anteriores no IES Arcebispo Xelmírez I procuramos ser especialmente sensíbeis e coidadosos con todos aqueles temas relacionados coa educación para a saúde e o benestar e sumámonos de novo ao SALVAVIDAS. Por este motivo un ano máis, e xa son oito consecutivos, queremos seguir aproveitando o programa "Salvavidas" pertencente ao Plan Proxecta, para transmitir ao noso alumnado a importancia da doazón e o transplante de órganos para a sociedade, enfocando sempre a cuestión desde unha perspectiva solidaria e altruista, e ao mesmo tempo do valor que pode ter para eles/as mesmos/as como individuos/as, tratando de acadar un comportamento adaptativo e positivo que fomente hábitos de vida saudábeis.


Dende o inicio, o grupo de docentes que formamos parte deste Proxecto enmarcado dentro do “Programa Salvavidas”, tiñamos claro a necesidade de involucrar a toda a comunidade escolar e lograr a súa participación nas diferentes actividades do proxecto, actividades coas que queríamos poñer de manifesto a importancia da doazón. Un dos máis importantes obxectivos desde proxecto foi concienciar ao alumnado dos beneficios da doazón e o transplante de órganos para a sociedade, unha labor básica e fundamental se temos en conta que os máis novos son o futuro de dita sociedade, e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorno familiar. Coas actividades e diversas iniciativas que compuxeron o programa, buscamos potenciar no noso alumnado os valores positivos, a empatía, as actitudes solidarias e altruistas de cara a favorecer o aumento de doantes. Moitas das actividades foron desenvolvidas polo alumnado nas aulas e en horario non lectivo, coa supervisión e corrección do profesorado. Aparte disto, compartir con eles o debate das diferentes modalidades de doazón de órganos noutros países e como certas lexislacións abren a porta ao tráfico ilegal de órganos ou, sen ir tan loxe, a unha maior desigualdade e explotación da poboación máis vulnerable.

TRABALLOS REALIZADOS: 

  • Podcast sobre a doazón e transplante de órganos realizado co alumnado de Instalación e Montaxe de Equipos de Son do ciclo medio de Vídeo Disc-Jockey e Son de réxime modular. 
                                          
  • Cartel sobre a doazón de sangue, tecidos e órganos gañador do concurso de carteles realizado co alumnado de Ciencias Xerais de 2º de Bacharelato de réxime de adultos.

    Cartaz salvavidas

  • Vídeo relacionado coa doazón de órganos e tecidos realizado co alumnado de Ámbito da Comunicación do grupo A do módulo IV da ESA. 

 

  • Gift sobre a doazón e transplante de órganos realizado co alumnado de Preparación de Sesións de Vídeo Disc-Jockey do ciclo medio de Vídeo Disc-Jockey e Son de réxime modular.

     

  • Mosaico de fotos dixital que incentiva a doazónnde órganos e tecidos e que se crea a partir de moitas imaxes pequenas que forman a composición do gran motivo principal, que é a imaxe Fotomosaico Salvavidas . O mosaico de fotos permitiunos combinar foto- retrato dos membros da comunidade educativa do Xelmírez I nunha soa imaxe que é a que se representa. Realizado polo alumnado de Francés de réxime diurno e o alumnado de réxime modular do ciclo medio de Vídeo Disc-Jockey e Son na materia de Toma e Edición Dixital de Imaxe.

mosaico

  • Kahoot sobre a doazón de sangue, tecidos e órganos realizado co alumnado de Ámbito Científico Tecnolóxico do módulo II da ESA.
  • Presentacións de diapositivas sobre a doazón de sangue, tecidos e órganos realizadas co alumnado de Ofimática e Arquivo de Documentos do 1º curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina.

Joshua

 

 

                                                    

DEPARTAMENTO DE GREGO

EU SON

A igualdade en tempos de pandemia.

Violencia de Xénero AX1

25 N en datos. Non só o 25, FEMINISMO 365

Distribuir contido


by Dr. Radut